Presentamos "Xa que o sabes voucho contar (e cantar)" de Federico Pérez Rey o 20 de decembro ás 22:00 na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea!!
Puntos de venta de entradas:
-Bazar Terra Chá
-Libraría Amorín
-Online: https://t.co/FkptOF1wTn
🧶 Imaxes da actividade para conmemorar o mes de concienciación sobre a morte perinatal con Penélope tece e a Asociación Chaíño. Sempre un pracer volver a Castro de Rei. Moitísimas grazas a todas por organizar e participar.
Bos días! O próximo mércores 13 temos unha nova sesión de Cine á noite! Proxectarase o docu-filme *Nación*. Estará con nós Margarita Ledo Andión, directora e benquerida veciña, nun coloquio post-filme. Para non perder!
Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A. manteñen viva a loita polos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva +
Os mércores de feira tamén son agora mércores de cine! Acompáñanos o día 30 de xullo á proxección de Cuñados na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea.
Abrimos as portas ás 21:30! Agardámosvos!
Ben e Maina viven co seu pai na parte alta dun faro nunha pequena illa. Para estar a salvo dos perigos do mar, marchan á cidade a vivir coa avoa. Un día, Ben descobre que súa irmá é unha fada do mar e que co seu canto pode liberar aos seres máxicos de caer nas fauces da bruxa.
A nova proposta da *Asociación Chaíño* xa está aqui! Este mércores proxectaremos na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea o filme, _A canción do mar_ apta para todos os públicos e *en galego*.
📢Traemos novidades!
Dende a Asociación Chaíño queremos animar as vosas noites de verán con esta proposta cultural: CINE Á NOITE!!
Prestade atención ás nosas redes para ver cales serán os filmes!!!
📚 Día(s) dos libro(s):
24/4, 20:30 h - Encontro a carón dos libros na libraría Bahía
26/4, 12:30 h - Vermú literario con @raquelpico na @LibrariaPaz
27/4, 17:00 h - Encontro no club de lectura da @chainhoasoc
🎬Ao final da proxección realizarase un coloquio co director, Mario Pereira, e outras invitadas que participaron na elaboración do documental.
Esperámosvos alí!😃
🎥Un documental que xira entorno á vinculación da antiga casa cuna de Lugo, o actual Centro de Formación Audiovisual, así como o seu anexo, o Hospital de San José, con numerosos casos de roubos de bebés ocorridos ao longo do século XX.
A agarda rematou! Traemos as primeiras novidades da asociación. Imaxina: un sábado tarde, un café, un bo libro, e un grupo de xente co que compartilo. Un sábado de cada mes, na biblioteca vella Castro Ribeiras do Lea, poderas unirte ó noso clube de lectura.