CARTAZ DEFINITIVO 🐧
Coa incorporación de Meniñas da Mariña e dos Carricantos podemos presentarvos o cartaz definitivo desta edición 💖
Grazas sempre á Gaita Escola polo seu incansable traballo.
No noso instagram temos un sorteo activo ata o domingo 18 🌀
PROGRAMA 🐧
Logo de tantas peticións, por fin vos amosamos os horarios de actividades e concertos!!
Un fin de semana cheíño de música, artesanía, gastronomía, patrimonio e moitas ganas de pasalo ben ✨
Vémonos en Mondoñedo 🫂
OBRADOIROS 👺
Antes dos concertos, no noso barrios dos Muíños, poderedes participar nos obradoiros de canteiría, títeres (infantil), rakú xaponés, chawan e ritual do té (@esquina_atlantica) e serigrafía 🎭🎨🖌️
Bulide que as prazas son limitadas!!
ROTEIRO 🚶♀️➡️
O sábado 8 de novembro convidámoste a mergullarte na historia e nas rúas de Mondoñedo a través dun roteiro para redescubrir a cidade 🫂
📍 Punto de encontro: estatua de Álvaro Cunqueiro
🕒 Horarios: 12:00 e 17:00
EXPOSICIÓN 🎨
Nesta IV edición contaremos cunha exposición de ilustracións de artistas galegas. A presentación será o venres 7 de novembro ás 21:00 🌸
📍Casino de Mondoñedo
Horario: sábado 8 de novembro de 11:30 a 20:00
A pesar da chuvia hoxe 5000 persoas reclamaron en Viveiro que os Centros de Saúde teñen que ter médicos e que o Hospital de Burela ten que ter servizos.
Polo que fose, a TVG decidiu non aparecer por aquí.
É o que ten o servizo público...
O Prestige foi a tumba política do PP de Fraga, o paridoiro de Verín estivo a piques de tumbar a Feijoo, por iso rectificaron nos últimos dias da campaña electoral e ALTRI será a tumba política do PP de Rueda.
Hai que chorar menos, confiar e mobilizarse. ALTRI NON
🥰 Coincidindo coa mellor concentración de motos, o sábado 22 de marzo xunto coas compas do @ceibarimas, volven as batallas de freestyle e o rap en galego a Mondoñedo 💥
📍Casino de Mondoñedo
100.000 persoas berran Altri Non! en Compostela. Unha manifestación que non se vía dende Nunca Máis.
A terra é nosa, e non da celulosa.
Orgullo de pobo en defensa da súa natureza.
GRAZAS 💛
As persoas que nos coñecedes sabedes ben o importante que é para nós ver a cidade de Mondoñedo cheíña de vida 🫂
Estamos infinitamente agradecidas pola acollida que tivo esta III edición e polas mostras de cariño recibidas. Facedes que todo o traballo mereza a pena!
CARTAZ COMPLETO 🐧
Xa temos o que será o cartaz desta III Edición 💛
Agardámosvos o 9 de novembro na praza da Catedral de Mondoñedo 🫂
Mantede atención ás nosas redes por se vos tivésemos gardada algunha sorpresa e non esquezades compartilo ☺️