Twitter do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia - Twitter del Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia - Official twitter page for COFIGA
Alumnado participante na VI edición do curso de Primeiros Auxilios en Fisioterapia, que os días 7 e 8 de novembro impartiu Santiago Chaín Salgado na sede do CoFiGa na Coruña.
#CoFiGa#FisioterapiaGalega#Fisioterapia#Fisioterapeutas
Aberto ata o 16 de novembro o prazo de inscrición de fisioterapeutas na Guía Oficial 2027 de peritos xudiciais, mediadores e expertos independentes de Galicia, que anualmente edita Unión Profesional de Galicia para poñer ao dispor dos órganos xudiciais da comunidade autónoma.
🔗 Toda a info en https://t.co/Az1bp4Zbrm
#CoFiGa #FisioterapiaGalega #Fisioterapia #Fisioterapeutas
O fisioterapeuta Pablo Hernández Lucas avanza os contidos da nova edición do curso online “Pilates terapéutico, hipopresivos e exercicio funcional”, que impartirá en dous seminarios a celebrar os días 13, 14, 15 e 20, 21, 22 de novembro.
🔗 Inscricións en: https://t.co/hpnV3SwyB9
#CoFiGa #FisioterapiaGalega #Fisioterapia #Fisioterapeutas
CoFiGa colabora nas II Xornadas NeuroConecta, que a Asociación Galega de Neurorrehabilitación organiza os días 14 e 15 de novembro na Facultade de Fisioterapia da @UDC_gal.
🔗 Inscricións: https://t.co/cBlLThZUFg
🔗 Máis información: https://t.co/VfObxzfTk0
#CoFiGa #FisioterapiaGalega #Fisioterapia #Fisioterapeutas
A profesora Luz González Doniz, da Facultade de Fisioterapia da UDC, forma parte do grupo de académicos/as fundadores/as da recentemente creada Academia Nacional de Fisioterapia de España (ANFiE).
🔗 https://t.co/POut6LHnkA
#CoFiGa#FisioterapiaGalega#Fisioterapia #Fisioterapeutas
Ven de rematar en Bergantiños a campaña para promover a saúde laboral e previr as lesións musculoesqueléticas no sector do marisqueo a pé, posta en marcha pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo (@FUNDAMAR_) e que contou coa colaboración do CoFiGa.
A Fisioterapia achegou xornadas de sensibilización sobre a importancia do autocoidado e da incorporación de hábitos saudables, combinadas con sesións prácticas con programas de exercicio terapéutico adaptados ás esixencias físicas dunha actividade caracterizada pola adopción de posturas forzadas, movementos repetitivos e unha elevada carga física.
O obxectivo final: reforzar a seguridade, a saúde e o benestar laboral das persoas que traballan no colectivo mariscador de Galicia.
🔗 https://t.co/H3JpXCfPqm
#CoFiGa #FisioterapiaGalega #Fisioterapia #Fisioterapeutas
Novos contidos que a plataforma de coñecemento @PhysioCiencia Plus pon este mes ao dispor da comunidade de fisioterapeutas, de acceso gratuíto para colexiados/as do CoFiGa: catro novos vídeo-artigos comentados polo doutor Manuel Arroyo Morales, centrados en Fisioterapia Deportiva, Neuroloxía, Artrose e Oncoloxía, ademais dunha nova masterclass dedicada á abordaxe actualizada da dor lumbar.
#CoFiGa #FisioterapiaGalega #Fisioterapia #Fisioterapeutas #PhysioCiencia
(+)
Fisioterapeutas e alumnado da Facultade de Fisioterapia da @UDC_gal que o 4 de outubro ofreceron atención ás persoas participantes na XX edición da carreira popular Coruña10, na que tomaron parte máis de 3.000 atletas inscritos/as.
#CoFiGa#FisioterapiaGalega#Fisioterapia
Entrega de premios do I Concurso de Vídeos Curtos sobre Boas Prácticas de Fisioterapia no Sistema Público de Saúde. Vanesa Eugenio Bermúdez participa de forma telemática na entrega dos premios desta iniciativa.
#IVCongresoNacionaldeFisioterapiaenXestión#CoFiGa