O noso proxecto VEXO VEXO remata con esta mostra de obras de arte 🎨 realizadas polas familias e os nenos e nenas de infantil. 👏
O noso agradecemento ás familias🥇🥇 pola súa implicación e colaboración neste proxecto. 🥰
#animais,#infantil,#proxecto
https://t.co/j34K1R4bO1
Os nenos e nenas de infantil seguen a disfrutar co mundo dos animais que non deixa de sorprendelos ���� 😃. Descubriron en vivo e en directo o ciclo vital das galiñas 🐣🐥🐔, dentro do proxecto VEXO VEXO👀👏.
#proxectos,#infantil,#poloscreativos,#animais
https://t.co/IbSNv7F5mb
VEXO VEXO…👀
Hoxe seguimos aprendendo no laboratorio. Grazas á profe Conchi 🧡 coñecemos mellor as miñocas🪱, ese insecto tan importante para a natureza. Cos microscopios🔬observamos os aneis, as púas, a pel, e a boca, o que máis nos impresionou..😲😲
https://t.co/SCf4VsEPnz
Ilusión, ledicia e maxia envolven nestes días ós nenos e nenas de infantil, que esperando con ansia á chegada do Nadal, queren desexar a tod@s un Bo Nadal!!!
Música panxoliña da neve. Letra de Manuel María, voz de Uxía e Magín Blanco.
#nadal#ilusion
https://t.co/HYs5sEYFlT
O noso alumnado de infantil gozou dunha fantàstica xornada 😊 en contacto coa natureza 🌳, visitando o Eco espazo do Rexo 🐑 🐏 e o centro hípico 🐎de Allariz.
Agradecementos às persoas que nos atenderon tan ben.🥰
Música: Mamá Cabra, O rok da ovelliña.
https://t.co/zOXnQ24zZB
No do proxecto Vexo vexo...de infantil, que pretende achegarse ao mundo animal, desfrutamos da visita de Conchi e dos seus animaliños, ós que os nenos poideron ver e acariñar. Moitas grazas, por ensinarnos tantas cousas.😍
Música de Luar Na Lubre, Animais
https://t.co/XecdWFLE9a
Rematado o periodo de adaptación, no Cole de Cea, recibimos ó outono pintando con xiz no chan🍂. Foi unha experiencia nova para alumnado e mestras, pintando🖍️, imaxinando, xogando😀.... damos a benvida ó outono, coa cancion Sonhar🎶 de Magin Blanco.🥰
https://t.co/p6uslRXwPA
O CURSO COMEZOU🎊
Onte o centro encheuse novamente de gargalladas😃, reencontros🙌, carreiras polo patio🏃♀️, pasos acelerados , libros e cadernos📒, barullo, sorrisos e caras de sono .... en xeral, de VIDA que volve ao cole POR FIN.
BENVID@S A TOD@S!
https://t.co/3FJ6mS2yao
Con mimo e coidadiño os nenos/as de infantil, coidaron A Nosa Horta, que xa empeza a agasallar cos seus froitos😋 .
Estes días poideron probar os amorodos🍓 e as leitugas, cando pase o verán recolleremos as patacas🥔, as cenoiras🥕 e as cabazas.
https://t.co/sZRpPhldpP
Este venres día 9 de xuño tivemos unha xornada de contacontos🎭, na biblioteca Ramón Caride.
O alumnado de primaria e infantil, xunto coas familias de nova incorporación 👨👨👧👧👩👩👦, gozaron moito con esta actividade realizada pola contacontos Manuela Varela 🥰.
https://t.co/6NF9zm5c2B
Días coma este, merecen a pena🧡.
Visitamos o Acuario do Grove, onde coñecemos os animaliños mariños que alí viven🐙. Tamén fomos á Illa da Toxa, a descubrir a Aldea dos Grobits, e xogar nas súas casiñas🏘️.
Foi un día de ledicia e ilusi��n para tod@s 🥰.
https://t.co/BElxGzj1lF
👣Pasearte pola contorna chega ó seu fin no mosteiro de Oseira con Yolanda Paz, que nos recibiu con agarimo e explicou a historia do mosteiro e a súa importancia.
Grazas ó persoal do mosteiro de Oseira e a Yolanda en particular.🥰 🥰
Música Carlos Núñez
https://t.co/b19rd18cN5
🚌Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitou os museos da Coruña: Casa das Ciencias, Domus e Acuario. Experimentarion coas máquinas🔩, inventos⚗️... Tamén observaron diferentes especies de peixes 🐋🐠🦈 e sobretodo..... coñeceron a Gastón!!😁😁
https://t.co/kidZdcOJ5z
Este sábado unha representación do alumnado do Cole de Cea participou no campionato provincial de Bádminton.😃
Os resultados, coma sempre, o de menos. O premio xa era estar alí . Un aplauso para estes rapazolos e rapazolas de Cea. 👏👏
ENLACE FOTOS VIDEO: https://t.co/WvkXW284Ea
No proxecto PaseArte pola contorna, descubrimos algún dos cruceiros que hai na contorna e os cambios na natureza pola primavera🌾🌸.
Agora toca seguir aprendendo na aula e coidando 🫶 do noso patrimonio.
Música de Carlos Núñez : Musicograma“O cabalo azul”
https://t.co/KAJidYFYeq
O alumnado de infantil visitou a Residencia de maiores de Cea . Escoitaron historias que con moito agarimo transmitiron os/as maiores 🗣, interpretaronlles unhas cantigas 🎶e recibiron un agasallo feito para eles 🎁.
Grazas polo voso tempo e saber, e pola acollida agarimosa.😍😘
Neste mes moito alumnado do cole participou en diversas probas (atletismo🏃, badminton🏸), dando conta da importancia da actividade física e a saúde💗, e mostrando un carácter respectuoso coa competición que nos fai sentir orgullosos🥰 . Parabéns a tod@s!
https://t.co/AROpPHqpWQ
O alumnado de 3º de ESO de Educación Dixital 💻ven de fabricar uns chaveiros na impresora 3D, para recadar fondos para a excursión.
Coa inestimable axuda do profe David🎬, gravaron o video de promoción que tedes a continuación.🙌
https://t.co/Rygv6l2h24
Celebramos o Día da Prensa e o Día da Muller.
O alumnado redactou novas en positivo👍 sobre mulleres relevantes para eles. Houbo moitas mamás 🥰, científicas🔬,deportistas🏆,escritoras✒️, panadeiras...
En ESO houbo cine🎬, e lecturas📙para todos.
https://t.co/iT6rHSgLGE
No proxecto PaseArte pola contorna, esta vez con Manolo e Sofía, descubrimos dous dos fornos de Cea, onde tradición e modernidade acadan un mesmo obxectivo: Cocer o pan máis rico do mundo🥇.
Grazas ó Concello e A boa migalla 🥰
Música de Mamá Cabra🎶
https://t.co/vWtMjd0qEB