Moi agradecida ao consello editorial da publicación por acoller con agarimo unha pequena escolma dos meus poemas, en versión castelán e traducidos por min, incluído un inédito que leva unha fonte dentro.
Compracenos compartir que a comadre Carmen Villar, sexa a protagonista deste recuncho da Asociación Escritoras-es
Lingua Galega - AELG porque sabemos tamén que a ela lle fai especial ilusión. Parabens, comai!
Marabilla de visita ao IES A Pinguela.
Grazas aos rapaces de Bacharelato que nos acompañaron e a Olga Novo pola acollida. 🙏
E se adoramos Monforte pola mañá, outro tanto nos aconteceu pola tarde no recital do Museo do Viño.💜
Grazas a Aulaberta e Entrelibros por organizalo.💫
Esta semana andaremos por Monforte. Con moita gana xa de recitar e ler nestas fermosas terras textos dos dous nosos dous libros. 💜
Esperamos vervos! Vide. 🌸
🥰
As Comadres das Letras andaremos o Día da Poesía de celebración no Carballiño. 🌸🌸
Non faltedes a unha cita dobre, porque a comadre María A. Landesa, premio Follas Novas, presenta o seu libro xunto ás “Cereixas roubadas” de todas.
Vinde! 💜
@alvarellos_ed
En palabras de Yolanda Castaño, a velada de Poetas Di(n)versos desde luns foi tamén unha homenaxe aos clubes (de lectura) e aos obradoiros (de escrita). Alí estivemos as @ComadresdLetras 💜
Sigo moi emocionada pola inesquecíbel experiencia do luns. ❤️❤️
Unha vez más, grazas a todas as persoas que viñestes e a Yolanda Castaño por facelo posible. 🙏 Unha honra compartir recital con ela e con Dimitra Christodoulou.
Aquí algunhas imaxes da organización.
🥰
Comprácenos partillar quen son as protagonistas do próximo Poetas Di(n)versos este Luns de Entroido: a nosa comadre @CarmedeMilmanda xunto coa poeta grega Dimitra Christodoulou. 💜
Un encontro que é un clásico coa poesía como protagonista, e Yolanda Castaño como artifice.
A Coruña: recital de Carmen Villar Alonso e Dimitra Christodoulou no Ciclo Poetas Di(n)versos, o 16 de febreiro: https://t.co/2CQfwPXTwL @Cultura_Coruna@centro_agora
Esta semana algunhas daa comadres achegaremos algo do traballado no Obradoiro de poesía de Carlos Negro cortesía da @aelg. Grazas á Bandini por mos acoller. 🙏
Quen se queira achegar á velada poética será benvido.💜💜
Que gustazo que nos escollesen como candidatas aos Follas Novas! 😍
É a segunda vez que nos propoñen, aínda que nesta ocasión convócannos na categoría de Iniciativas bibliográficas: nós felicísimas e obrigadísimas!