«Nalgún momento da noite, máis tarde, a muller entra no cuarto. Permanezo queda e respiro como se non estivese esperta. Sinto o colchón que se afunde, o peso dela sobre a cama.
—Que Deus te axude, pequecha —murmura-, se foses miña nunca te deixaría na casa duns estraños.»
Fantástico encontro en torno a 'Rastros' @rodepris da man de Miriam Ferradáns e Carlos Lixó. Intelixencia e sensibilidade á hora de atopar e de falar daquilo que a Historia non adoita falar.
@LibrariaPaz
[Ramonismo]
Volver ler o escrito
Mirar á historia doutro xeito, penetrar polas físgoas polas que ninguén quiso estar é parte da proposta de Carlos Lixó que, ademais de estar hoxe no @Diario_Pontev, tamén estará ás 12,30 na @LibrariaPaz con @miriamferradans @rodepris
Mañá Carlos Lixó estará na @LibrariaPaz presentando 'Rastros' xunto á gran Miriam Ferradáns e no @Diario_Pontev tamén lle faremos unha chiscadela a un espléndido debut na narrativa.
Para non perder!
@rodepris#letrasgalegas
Para celebrar que non deixamos de reimprimir «Rastros», de Carlos Lixó, convidámosvos a que vos acheguedes este venres 8 de maio ás 19.30h á caseta de Numax na Feira do libro de Santiago, onde o autor estará asinando exemplares! 💥
Parabéns, Carlos!
E que veñan moitas máis!📚
✨ Durante este mes de maio (agardamos impacientes!) chegará ás librarías "Historias de fantasmas", de
Siri Hustvedt. ✨
A fermosa cuberta, unha fotografía cedida pola escritora, logra capturar moito do que ofrece este libro de memorias.
Contando os días...⌛️⏳♥️
Estes días chega ás librarías "A terceira luz", de Claire Keegan, na tradución de Isaac Xubín e cuberta de Lúa Gándara. Non podemos estar máis contentos de publicar este novo título da autora, coa convicción de que se convertirá nun dos libros das vosas vidas. ✨✨✨
Carlos Lixó estivo onte na Radio Galega para conversar con Belén Regueira sobre «Rastros», una conversa que podedes escoitar enteira premendo na ligazón.
Velaquí un paseo polos estratos, as linguaxes e os contextos deste libro.
🔗https://t.co/lpzYdwMNYR
"Unha tripulación de catro astronautas que se dirixe á lúa acaba de sobrepasar a distancia orbital da estación. Os astronautas lunares son catapultados cara á gloria que hai máis alá deles nun resplandor de cinco mil millóns de dólares, vestidos e calzados que dá xenio velos..."
Dende que lin Orbital @rodepris sigo as noticias de astronautas doutra maneira. Agora paréceme que son unha experta e que eu esto xa o vivín lendo un libro😀.
O xornalista Roi Fernández conversou con Carlos Lixó para @nosdiario sobre "Rastros".
"Fun descubrindo que apropiarme da linguaxe doutras épocas era necesario para achegarme a elas."
🔗 https://t.co/GV93SCxOqv
Fermosa tarde hoxe na estrea de «Rastros» no Centro Social de Carreira. Moitas grazas á Asociación de Veciños, a Marivén Sampedro, a Xela Andrade e a todas as persoas que estiveron hoxe acompañando a Carlos Lixó e a súa literatura. 💥
Fermosa tarde hoxe na estrea de «Rastros» no Centro Social de Carreira. Moitas grazas á Asociación de Veciños, a Marivén Sampedro, a Xela Andrade e a todas as persoas que estiveron hoxe acompañando a Carlos Lixó e a súa literatura. 💥
Así abre a porta "Rastros", de Carlos Lixó, con Marguerite Yourcenar e Frédéric Bazille en perfecta superposición. Este xoves presentamos o libro no Centro Social de Carreira.
📍Xoves 26 ás 20.00h. O autor estará acompañado por Xela Andrade e Marivén Sampedro.