📅 Cada 30 de setembro celébrase o Día da Tadución e nós hoxe queremos mencionar á AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación), xa que é un labor, ás veces, moi esquecido ou relegado. Desde aquí os nosos parabéns e grazas a todos e todas elas!
✍️ Sue Camaño comparte con nós a súa microficción "Voces nun campo de estrelas".
🧐 Botade un ollo a este texto que xa forma parte da Compostela literaria.
🤔 Que sabes de Carlos Casares? Coñéceo un pouco mellor co itinerario que hai ao redor da súa figura na nosa cidade!
🗺 Podes velo no mapa da nosa web, xunto con outros moitos paseos. Agardamos que vos guste! 👉 https://t.co/cqL5MjpMpg
🤔 É Compostela unha cidade máxica de sereas? Bota un ollo ao que escribe Marta Abal Vaqueiro.
📚 Deixámosvos cunha das microficcións da nosa web, "Compostela".
🤔📚 Estás ao tanto de todas as nosas novidades? Autoras e autores, poesía, teatro, ilustración...
🗺 Tamén podes ver o mapa literario con moitos contidos.
🎮 Por non falar da morea de xogos e actividades lúdico/formativas que albergamos na web.
👉 https://t.co/LyQKvVFjMR
📚 Continuamos as nosas lecturas sobre Compostela e hoxe facémolo con Román Raña e a súa novela vencedora do Premio Blanco Amor, que ten como "protagonista" a un violín. Non tedes curiosidade por saber máis? 😉
🤔 Con ganas de ler máis das nosas microficcións? Hoxe podedes ver "Mujeres porteadoras" de Mª Dolores Sande Penide.
🥰 Grazas, Mª Dolores! Todas a desfrutar con esta lectura!
📅 O 11 de setembro de 2002 falece Roberto Vidal Bolaño, unha figura pioneira na dramaturxia galega profesional.
🎭 Autor, director e actor de teatro compostelán sobre o que podes ler máis aquí 👉 https://t.co/914g3GZ1q4
🗺 Inma López Silva parte da estatua de Rosalía de Castro na Alameda e lévanos polo "Paseo desnortado e admirado por Compostela".
🤔Que outras paradas nos agardan? A que se refire con ese desnortado? E a que con admirado? Descúbreo no mapa literario 👉 https://t.co/cqL5MjpezI
✍️ Microficción anónima que chega á nosa web, escrita por "unha galega".
🥰 Moitas grazas por animarvos a escribir e compartir as vosas palabras, desfrutade de "Filoloxía".
📅 O 5 de setembro de 1926 falece en Culleredo, Alejandro Pérez Lugín.
✍️ Xornalista, escritor e cineasta madrileño, cun grande vínculo con Galiza, onde ambientou moitas das súas obras.
🤔 Cal é o seu vínculo con Compostela? Coñéceo aquí 👉 https://t.co/Z9ZuTYKh1u
🤔 Cales foron as túas lecturas do verán? Que lectura recomendarías para pasar a mellor volta o traballo posible? Que libro che gustaría que se levase ao cinema?
😉 Comparte con nós todo o que se che pasa pola cabeza sobre literatura e falemos de libros un anaquiño.
🤓📖 Hoxe adentrámonos no Scórpio, unha novela de Ricardo Carvalho Calero, publicada en 1987 por Sotelo Blanco e que, nese mesmo ano, acadou o Premio da Crítica de narrativa galega.
📅 O 22 de agosto de 1920 nacía en Compostela Isaac Díaz Pardo, empresario, intelectual e artista, que recibiu numerosos recoñecementos como o nomeamento de Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988).
🤔 Coñece un máis sobre el aquí 👉 https://t.co/5lYME9jXal
🤔 Xa pasaches pola biblioteca de rúa do Barrio de San Pedro?
📚 Unha idea deseñada de xeito colaborativo polas persoas integrantes de #LibrosQueFanBarrio en colaboración coa cooperativa Hábitat Social, pasou a formar parte da historia do barrio.
🗺 Un paseo pola nosa cidade para percorrer a Compostela Insólita con Antón Fraguas. 👉 https://t.co/cqL5MjpMpg
💻👣 Ti elixes: podes facelo sentado no sofá da túa casa de modo virtual ou saír a pasear coñecendo as paradas físicas.
🗣 "Pídenme que escriba un texto sobre a miña experiencia como editor en Santiago de Compostela. Acepto. Así que alá imos!"
📖 Así comeza o artigo "EDICIÓNS POSITIVAS, 33 anos en Santiago" que podes ler no noso blog, non o perdas! 👉 https://t.co/3dO0Xp2p6Y