Comunicamos que, por mor das obras de reurbanización e mellora da contorna do centro sociocultural e as piscinas municipais, este verán as piscinas non estarán operativas. Como alternativa, lémbrase que a praia fluvial de Sanguiñedo si estará habilitada como zona de baño.
Xa está en marcha o Campamento de verán 2026, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 30 de agosto, de 9.30 a 13.30, no CEIP Pío Cabanillas Gallas. Está dirixido a nenos/as de 3 a 16 anos e as familias interesadas xa poden recoller os sobres coa información para solicitar prazas.
Éxito da XXX Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmos celebrada no recinto feiral da Gouxa, con preto dun milleiro de asistentes e 300 quilogramos de torresmos repartidos na degustación gratuíta.
Máis de medio milleiro de persoas deron boa conta hoxe dos 300 quilogramos de torresmos repartidos no recinto feira da Gouxa durante a degustación gratuíta da trixésima edición da Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmos.
O recinto feiral da Gouxa acolle mañá, a partir das 12.30 horas, a XXX Festa da carne ao caldeiro e bola con torresmos. Coma sempre, haberá degustación gratuíta de máis de 300 quilogramos de torresmos e a Charanga Ardores será a encargada de poñer a nota musical. Non faltedes!
Esta vindeira semana a Xunta de Galicia licitará as obras de rehabilitación da casa reitoral da igrexa de San Salvador do Castro, que suporán un investimento de 1,5 M€, co obxectivo de que o novo albergue público de peregrinos de Dozón poida estar operativo a mediados de 2027.
A reconversión da casa reitoral da igrexa de San Salvador do Castro nun albergue de peregrinos está máis preto. O alcalde e o director de Turismo de Galicia anunciaron onte a licitación das obras de rehabilitación do inmoble, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros.
No Concello de Dozón imos celebrar o Día das Letras Galegas 2026 de forma anticipada, programando este vindeiro venres, a partir das 16.00 horas no CEIP Pío Cabanillas Gallas, o espectáculo infantil "As letras que voan con nome de muller".
A Xunta aprobou hai días a modificación do topónimo de 2.533 lugares no Nomenclátor de Galicia, entre os que se atopan catro de Dozón: A Edreira pasa a chamarse A Hedreira, Covelos pasa a chamarse Cubelos, Pereiró pasa a chamarse Pereirón e Quella pasa a chamarse A Quella.
A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará operativa na entrada do polígono industrial o martes, o xoves e o venres da seguinte semana. Pódese solicitar cita previa polos seguintes medios:
Teléfono: 981 92 80 80
Web: https://t.co/6Zx80XZbnK
Aberto ata o día 30 de abril o prazo de solicitude das bonificacións no IBI para titulares de inmobles vinculados a explotacións agrogandeiras en activo.
Desde o Concello de Dozón desexámosvos que pasedes unha gran noite de fin de ano e que o 2026 que temos por diante veña cargado de saúde, felicidade, boas novas e grandes proxectos para o noso concello. Feliz 2026!
O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, participou onte en Lalín na presentación comarcal do Plan Extra da Deputación de Pontevedra, que inclúe un investimento de 590.000 euros en Dozón para a reurbanización da contorna do centro sociocultural.
Unha vintena de cativas e cativos gozaron onte no CEIP Pío Cabanillas Gallas co espectáculo "Unha historia de Nadal", programado polo Concello de Dozón coa colaboración no marco do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Dozón abre ata o día 19 de decembro o prazo de solicitude das axudas municipais ao estudo para o curso 2025/26, que están dirixidas ás familias empadroadas neste concello e que teñan menores ao seu cargo, debendo estar matriculados no CEIP Pío Cabanillas Gallas.
Imaxes como esta non deben volver ocorrer nunca. Por iso é tan importante a celebración de efemérides como a deste 25N, Día Internacional para e Eliminación da Violencia contra as Mulleres, á que nos sumamos desde o Concello de Dozón berrando STOP á violencia e ao machismo.