🌺 Últimas prazas para aprender a crear a túa coroa de hortensias con La Casa Verde Hogar nos nosos #ObradoirosDeOutono!
📅 Sábado 28
🕚 11h
📍 Casa de Oficios da Mata
💶 16 €
👥 Todos os públicos, con prioridade para menores de 30 anos.
Inscríbete xa👉 https://t.co/RZ5a6fCPkP
💜✊ Este #25N, loitamos contra as violencias machistas cunha programación para reflexionar, compartir e reivindicar o dereito de todas as mulleres a vivir libres e seguras. ✊👇
@AGhorghalado 📅 Xoves 26 | 17.30 h
☕ Cafés en Igualdade con Angelina Gándara: ‘As que nos sosteñen. A amizade como apoio e coidado entre mulleres’.
📍 Sala de Exposicións do Concello
🎨🛍️ Bolsas iguais? Iso non vai con nós! 😎
🥰 O segundo dos nosos #ObradoirosDeOutono encheuse de creatividade, cores e moito estilo da man de #Galiestampa!
Cada participante deu renda solta á imaxinación para deseñar a súa propia tote bag. 💪
📸 Mirade canto talento!
❤️ Amores imposibles, moita retranca e un clásico de Castelao!
🎭 O alumnado da Aula Municipal de Teatro do Rosal, baixo a dirección de @aartistica, regresa ao escenario con ‘Os vellos non deben de namorarse’.
🕖 HOXE ás 19.00 h
📍 Auditorio municipal
🎟️ De balde!
🗣️ A voz da nosa rapazada chega lonxe!
👏 As e os #Fogaricas participaron no XIV Foro Infantil de @UNICEFGalicia levando as súas reivindicacións ata o Parlamento galego e compartindo experiencias con outros grupos de participación infantil e xuvenil.
@UNICEFGalicia 🎤 A nosa fogarica Suevia foi a encargada de pechar o encontro, cunha mensaxe clara e contundente: os dereitos da infancia non abonda con recoñecelos, hai que garantilos!
😍 Que orgullo ver a nosa infancia e mocidade tomando a palabra e demostrando que teñen moito que dicir! 😎
🥾 Nova citas coas #AndainasInterpretativas cun percorrido de 7,5 km ➡️ pola beira atlántica entre o monte Torroso, os petróglifos e o Camiño de Santiago.
📅 Sábado 28 de novembro
🎟️ De balde
✍️ Inscrición previa 👉 https://t.co/ij8fitsveN
Máis ℹ️ https://t.co/Nozw11JXJn
🪨 Arrancan as VI Xornadas do Patrimonio do Rosal cunha viaxe ao pasado para descubrir o megalitismo galego!
🎤 Con Miguel Carrero, Noemí Silva e Raúl Pérez achegarémonos aos monumentos megalíticos e ás paisaxes que os rodean.
📅 Sábado 21
🕛 12 h
📍 Centro Social Polivalente
☀️ Este domingo… por fin chega o San Martiño ao Rosal!
Despois do aprazamento da pasada semana, prevese sol 🌞 para celebrar a tradicional romaría.
Agardámosvos! 😎
📸 Foto: Luis Dorado.
#ORosal#SanMartiño
📢 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración para alzar a voz pola defensa duns servizos públicos de calidade. ✊
📅 Sábado 21
🕚 11 h
📍 Praza do Calvario
☔ En caso de chuvia trasladarase ao Salón de Exposicións do Concello.
💙 Os dereitos da infancia non son un desexo, son un compromiso.
No #DíaMundialdaInfancia iluminamos a Casa do Concello para convertilos nunha realidade que se note na vida de cada neno, nena e adolescente rosaleiro.
#ORosal
No século pasado, a industria no noso concello foi limitada e absolutamente dependente da produción de materias primas. Pese a isto, o pouco tecido industrial existente no Rosal deixou unha importante pegada na memoria colectiva e nas historias de vida das nosas devanceiras.
🍬 Sería na sobranceira “fábrica do dulce” (A Rosaleira, fundada por Pepe Sánchez 1939) onde varias das nosas entrevistadas estiveron empregadas. Tanto na fábrica como traballando ao xornal nos campos, moitas mulleres atoparon os seus primeiros empregos remunerados nesta empresa.
🧙♀️ Mañá temos cita coa bruxa máis rebuldeira! 😎
A bruxa Maruxa ten a axenda aberta e moitas historias por contar! 😜 Da man de #EucREativa, agárdanos unha tarde de contos, maxia e diversión nos nosos #VenresRebuldeiros.
📅 Venres 20 de novembro
🕕 18.00 h
📍 Biblioteca