📢Neda explorará nas súas XXI Xornadas literarias o fenómeno do “Galician noir”. O Concello adiantaba hoxe a programación da cita, que reunirá o 16 e 17 de abril, a algúns dos escritores e das escritoras de referencia da novela negra con sabor galego. https://t.co/U2MCrcEIoE
🎭 #Neda fretará un bus para asistir o 26 de abril á representación de “Hamlet” no Salón Teatro (Santiago). Aberta a inscrición (5 euros) na biblioteca municipal. https://t.co/2X2M8kMyQR
Neda vén de completar os trámites da adquisición da nave situada xunto ao espigón do Puntal. O galpón, que ata os anos setenta albergou unha carpintería de ribeira 🛥️, forma parte por fin do patrimonio municipal, un primeiro paso de cara a súa futura rehabilitación.
O Pleno do Concello de #Neda aproba demandar ás administracións autonómica e central a mellora do financiamento do servizo de axuda no fogar🏡🧓https://t.co/bmcDxW4kpZ
📣O Concello de #Neda convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para nomear, de forma urxente, a un funcionario ou funcionaria interina para a praza de traballador social a tempo parcial 📑 https://t.co/A1aJq6PWlE
🎭Neda será escenario o vindeiro 9 de maio dun obradoiro intensivo de interpretación. O Concello abre inscricións para esta masterclass gratuíta, impartida polo actor dramaturgo Juan Anillo e polo experto en teatro clásico Nortan Palacio.
O salón de sesións da Casa consistorial de #Neda acollerá o luns, 30 de marzo, a partir das 12 h, sesión ordinaria do pleno do Concello. Unha convocatoria aberta á veciñanza, na que os concelleiros e concelleiras abordarán os asuntos que figuran na seguinte orde do día 👇
🗣#Neda vén de adherirse ao Convenio de colaboración entre Educación e a FEGAMP para o desenvolvemento da Rede de concellos contra o acoso escolar. A iniciativa xorde para reforzar a coordinación entre institucións na prevención e actuación ante casos de bullying e ciberacoso.
⌛️Última oportunidade para anotarse na “III Xuntanza de mulleres de #Neda”, que este domingo porá o broche de ouro no centro cívico á programación do #8M. Hoxe mércores, ás 14 h, pecharemos o prazo para apuntarse no Concello. O prezo da actividade é de 25 euros.
📣#Neda concorre, un ano máis, á convocatoria autonómica de subvencións para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas. O proxecto, valorado en 28.737 € + IVE, permitiría a substitución das luminarias ornamentais do paseo marítimo, que se atopan en mal estado.
🪗A estrea de “Unha señora orquestra” colgou en #Neda o cartel de “non hai entradas”. A Casa da Cultura acollía o venres a presentación do espectáculo de música e humor de Ailén Kendelman. A proposta, que convenceu e mesmo fixo bailar ao público, chegou co apoio @DACCultura.
🥾Un total de 70 persoas sumáronse nesta solleira mañá de sábado a andaina saudable "Avanzando en igualdade", incluída polo Concello de #Neda na programación municipal do 8M.
👩🏫Alumnado de 3º e 4º do CEIP San Isidro participaba hoxe no obradoiro sobre estereotipos e roles de xénero, impulsado polo Concello, dentro da programación do 8M. O taller busca que identifiquen roles sexistas e reflexionen sobre modelos masculinos e femininos máis actuais.
⚽️Compartimos o calendario de partidos desta fin de semana da Liga Sénior Concello de #Neda. A cita co mellor fútbol sala de Ferrolterra, como sempre, este sábado no pavillón municipal Ale de Paz📍. Non faltedes!!
🪗Este venres, a partir das 20:30 h, estrea en primicia na Casa da Cultura de #Neda de “Unha señora orquestra”. Trátase dun espectáculo de teatro, humor e músicas do mundo con Ailén Kendelman, actriz, instrumentista e cofundadora da extinta compañía A Panadaría. Entrada: 2 €.
🚶🏽♂️🚶🏽♀️ La Asociación Amigos del Camino del Mar reivindica el valor y potencial de esta ruta que empata con el Camino Inglés https://t.co/sGoDFNzC11
🗓️O Concello de Neda abre este venres o prazo de preinscrición para novo alumnado de cara ao curso 2026-2027 na escola infantil municipal. https://t.co/iv6xSigge7