🔥 Carlos Dono sobe do filial para ser o primeiro nome do cadro da Sarriana
⚽ Despois de debutar a pasada tempada no primeiro equipo, este ano será xogador do plantel de pleno dereito. Un exemplo da aposta do club polos #MadeInARibela e o talento da comarca
⚽️ Unha cabezada do central Maxi Levrand a catro minutos do final deixa os puntos na Ribela
⚔️ @SDSarriana 1-0 @BerganFC
👉 Foille anulado un gol ao visitante Marru por fóra de xogo
🇧🇷 Maycon Douglas chega á Sarriana para reforzar o centro da zaga
🔥 Forza, explosividade, toque de balón e felicidade para a súa estrea no fútbol galego
🌟 Iker Rodríguez aportará talento e xuventude ao centro do campo da Sarriana na Segunda RFEF
⚽ Procede da canteira do Val Miñor, onde debutou co primeiro equipo e disputou 27 encontros con 4 goles na División de Honra xuvenil
🚆 O expreso de Paradela seguirá correndo a banda da Ribela unha tempada máis
⚽ Peza vital para acadar o ascenso na pasada tempada, a súa velocidade convérteo nunha arma letal en ataque
⚡ A electricidade de David Guitián estará ao servizo de Iván Carril na Segunda RFEF
💪 Un xogador capaz de xogar en todos os postos de ataque e coa capacidade de cambiar un encontro nun instante
⚽ Ivaldine Da Silva 'Ju' súmase ao proxecto da Sarriana para afrontar a Segunda RFEF
💪 Un centrocampista con moita calidade, saída de balón, técnica, recorrido e músculo que chega para dar un paso máis na súa carreira
🫡 O mariscal da zaga sarriana Maxi Levrand continúa unha tempada máis no club
🤍 Garra, intensidade, corazón e sentimento dun home que logrou conquistar a todo Sarria nad dúas últimas campañas
🙌 Non hai dous sen tres, e Valentín Mosqueira renova ca Sarriana para a próxima tempada
💪 Todo un exemplo de superación que vén con máis forza que nunca tras superar unha grave lesión que lle impediu xogar na tempada pasada
🔥 A velocidade na banda dereita de Tomás Susavila permanecerá na Segunda RFEF coa Sarriana
⚡Capaz de dominar todo o carril con intensidade, bo golpeo e un gran traballo en ambos lados do campo
🤍 Santi Gegunde seguirá sendo a referencia ofensiva da Sarriana de cara á próxima tempada
🪄 Un xogador clave no ataque, capaz de xogar cunha clase exquisita e definir con gran claridade que continúa na Segunda RFEF