@CBBreogan Solicitei a devolución da entrada por non poder asistir ao partido de mañá e non obtiven resposta. Non sei se a devolución foi aceptada e xa non dispoño da entrada ou se aínda é válida… Grazas.
@Cascarelo O noso profesor de fútbol de “inef” fíxonos dicirlle os valores do fútbol para despois dicirnos: esquecédeos todos. Aquí veremos todo o motriz e cognitivo que poden desenvolver os xogadores/as, pero os valores… pode que si, pode que non. Non era así @Clagopuvigo ?
@AlberteLpz @madialevo O de final de ciclo e etapa son exactamente o mesmo, só cambia o nome ;) En 2º e 4º final de ciclo, en 6º final de etapa. AL083 e AL084. Son exactamente iguais no contido.
@madialevo Iso é cuestión de perfís e permisos. A dirección do centro é quen xestiona iso, podendo seleccionar que informes pode xerar cada quen segundo o perfil que teña.
@madialevo As memorias cada docente ten que facelas en PROENS (accesible desde calquera pc/tablet/móbil) e despois alí xérase a memoria de ciclo que recolle a aportación que fixeran todas as docentes do ciclo. Ao abrir Proens hai un doc con instrucións explicando esa novidade
Finalmente, por unha hospitalización inesperada, non podo acudir ao @Baskonia vs @CBBreogan, polo que vendo 2 entradas na zona marcada na imaxe. 60€ negociables as dúas. O prezo na web é de 73€.
🟧 ALTRI | A factoría proxectada en Palas de Rei polo grupo de celulosas portugués ocupará dez veces o que a fábrica de ENCE en Pontevedra | Consumirá tanta auga como toda a poboación da provincia de Lugo | Comeza o prazo para as alegacións | @OrestesO | https://t.co/gRSfui4BlL
Un filme en galego gaña un dos grandes festivais de cinema do mundo e moitos medios en Galiza nin dan a noticia na lingua da obra premiada, na lingua propia do país, nunha lingua que entendería todo o seu público e que fala unha parte significativa do mesmo.
Era bo mudar isto.
@chamademesimbad Por que non hai libros teus en galego en @AmazonKindle? Curiosamente hai un en catalán e varios en basque edition… Quería mercar un despois de coller da biblio In vino veritas e Tes ata as dez!