Expresamos a nosa firme condena fronte a agresión tránsfoba denunciada públicamente por unha moza durante a Festa da Auga en Vilagarcía de Arousa.
As rúas tamén son nosas.
Ferrol, 12 de agosto de 2026.
Moncho, as túas camaradas non faltaron.
Un ano máis acudimos á homenaxe, a pesar das continxencias excepcionais que ocasionou a eclipse. Porque a nosa loita continúa.
#NósConMonchoReboiras
@jmgolpe Rematamos o primeiro día destas #XIXornadasMonchoReboiras con 2 actividades máis!
Presentación "A batalla pola nación" con Moncho Ermida e María Obelleiro 📖
Palestra "A inmigración en Galiza no s.XXI" con Sol Agra e Neal Baxter 🗺️
#NósConMonchoReboiras
Resumo das actividades desta mañá nas #XIXornadasMonchoReboiras
Palestra "Galiza terra de sacrificio, a cuestión enerxética" con @jmgolpe 🏭
Inauguración do monumento a Moncho Reboiras en Fene ✊🏻
#NósConMonchoReboiras
Reivindicando a figura do noso camarada por todo o país ✊🏻 Veñen por diante dous días de merecido homenaxe a quen deu a vida por unha Galiza ceibe e socialista!
#NósConMonchoReboiras
O 51 aniversario volverá ser unha data de necesaria homenaxe á memoria de Reboiras. É unha ocasión tamén de plantarmos cara a esa dereita que esquece que hai un pobo organizado para frear o seu proxecto antidemocrático, antigalego e antisocial. #NósConMonchoReboiras
🔴 𝗫𝗜 𝗫𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗠𝗼𝗻𝗰𝗵𝗼 𝗥𝗲𝗯𝗼𝗶𝗿𝗮𝘀
Os vindeiros días 11 e 12 de agosto celebraremos a undécima edición das nosas xornadas de formación Moncho Reboiras. 2 días de debate e convivio para honrar ao noso camarada asasinado hai 51 anos a mans da policía española.
A carón das novas ramplas da rúa Pintor Colmeiro tiveron o acerto de aproveitar un armario eléctrico para, a través dun vinilo, dar a coñecer unha das figuras chave das artes plásticas en Galiza.
O lamentábel é que decidiron facelo excluíndo a nosa lingua propia. Máis un acto de galegofobia que o BNG esixirá ao Goberno municipal que rectifique.
Intervención do noso Secretario Xeral, Artai Gabiás, no Día da Patria Galega.
Galiza é unha nación, queiran ou non, somos unha nación, e temos dereito á autodeterminación!
Esta tardiña o Salón Regio acolleu o acto de presentación do tema “Radu Radu”, de @hugo_guezeta.
Toda unha homenaxe musical ao noso porteiro ❤️🔥
Mañá en plataformas — Non a perdades!
Este é o respecto que amosan certas persoas polos símbolos de Galiza. Na propia semana do Día da Patria Galega, apareceron pintadas en varias bandeiras da cidade.
A defensa dunha Galiza soberana molesta a certos sectores, mais non imos renunciar á defensa da nosa Nación.
Mañá lanzamosssss! 🫰🩵
Pre-Estrea videoclip: https://t.co/taFaQX6iAF
Hoxe ás 18:30 na Sede (Salón Regio) falando arredor da canción, gravación e videoclip co @victorsaians 😉
Tamén poderedes escoitar o tema en exclusiva á par que ollar o clip. Sempre @RCCelta! 🫶❤️🔥