@mabarepe#Rexurdimento#Curros Na clase de galego falamos da obra poética “Iglesia Fría”, creada por Curros, na cal fai referencia a un antigo mosteiro que recibía aos ladróns que eran perseguidos pola policía, que non podrían entrar neste.
@mabarepe#Rexurdimento#Curros Curros foi un cofundador da RAG en 1905 na Habana. Na súa obra: “Unha boda en Einibó”, fálase da boda entre Ádega e Brais. Na “Virxe de Cristal” hai un triángulo amoroso entre Ádega, Brais e Xoán; os dous últimos morren e Ádega convértese en monxa.
@mabarepe#Rexurdimento#Rosalíadecastro
Hoxe aprendín que o poema "Negra Sombra", pertence ao poemario "Follas Novas", Rosalía empregou a liña intimista para manifestar os seus sentimentos máis profundos, emprega recursos como a metáfora, a sombra, o epíteto...
@mabarepe#Rexurdimento#RosalíadeCastro
Rosalía de Castro, na súa liña cívico-patriótica, falou de como os galegos ían a Castela a traballar mais gañaban moi pouco e volvían moi negros debido ao sol.
Moi morenos: pobres, brancos: ricos.
@mabarepe#LiteraturaGalega#Rexurdimento
Hoxe fixemos un mapa do Rexurdimento, un período moi importante para a nosa literatura xa que nista época comenzouse a recuperación da lingua e culturas galegas, o Rexurdimento comenzou coa publicación de "Cantares gallegos", de Rosalía.
@mabarepe#LiteraturaGalega#Ilustración
Fixemos un mapa mental da Ilustración, nista época comeza a defensa do galego como idioma de seu e lingua de cultura, da man do Padre Feixóo, do Padre Sarmiento..., houbo unha loita contra a ignorancia, destacou a educación, a razón...
@mabarepe#LiteraturaGalega#LíricaMedieval#SéculosEscuros
Os Séculos Escuros foron un período de decadencia para a literatura galega. Pardo de Cela foi un mariscal que defendeu ao Reino de Galicia nas Revoltas Irmandiñas, foi executado na praza de Mondoñedo.
@mabarepe#LiteraturaGalega#LiteraturaMedieval#ProsaMedieval
Hoxe na clase de galego aprendín a diferenciar os diferentes ciclos (Bretón, Clásico e Carolinxio), que o Santo Grial ou Santo Graal é a copa que usou Xesús na última cea e aprendín que preegar é rezar
@mabarepe#LiteraturaGalega#LiteraturaMedieval#ProsaMedieval
A prosa de non ficción divídese en: prosa histórica (acontecementos históricos), haxiográfica (relixiosas) e didádtica e xurídica (sobre coidados de animais - os cabalos foron o medio de transporte, actas...)
@mabarepe#LiteraturaGalega#LiteraturaMedieval#LíricaMedieval
As cantigas de amor as realiza un trobador e canta as calidades da dama que ama (a súa senhor). Nas cantigas de amigo unha rapaza expón os seus sentimentos amorosos cara ao seu namorado que denomínase amigo.
@mabarepe#LiteraturaGalega#LiteraturaMedieval#ProsaMedieval
A prosa de ficción dividídese en tres ciclos: o Ciclo Bretón (textos que narran aventuras), o Ciclo Clásico (relatos sobre a Grecia clásica) e o Ciclo Carolinxio (Códex Calixtinus, que foi robado en Lugo).
@mabarepe#litearutagalega#literaturamedieval#liricamedieval
En galego aprendimos os xéneros menores como a pastorela ( cabaleiro - trobador), o pranto ( dor pola morte) e a tenzón (disputa dialogada entre dos autores sobre a súa habilidade en verisificar).
@mabarepe#literaturagalega#literaturamedieval#liricamedieval
Estivemos falando das cantigas de escarnio e maldicir, o que pretenden os trobadores con istas cantigas son burlarse de persoas ou costumes, temos tres temas: sátiras socipolíticas, literarias e sexuais.
@mabarepe#literaturagalega#literarutamedieval#liricamedieval
Hoxe estivemos a falar das cantigas de Santa María, que poden ser narrativas: se relatan milagres ou líricas se son loanzas á Virxe. Alfonso X fai mencións a nosa catedral e a nosa virxe dos Ollos Grandes