Hoxe estase a celebrar o #DíaDaLinguaMaterna. Para nós, o día do galego: do galego que falamos, cantamos e escribimos. No que bailamos. Do galego que herdamos. Mantelo e coidalo é cousa de todos.
O novo single non sería posible sen Consuelo. Velaquí tedes a súa reacción, despois de escoitar a versión do tema que elas cantaban naquel salón das cereixas. O noso agradecemento é infinito.
O xerme do machismo é dicir que lle vas regalar o libro de Carrapuchiña a túa filla. Que pasa, os fillos mellor ao fútbol que a ler contos de princesiñas?
Inmellorábel nova!En agosto Lorient será galega! Por que?Porque o Festival Intercéltico de Lorient nomea este 2019 como Ano de Galiza e mirade canta xente linda nos representará por aló!
Temos cultura tradicional propia, miramos por ela e o mundo enteiro mira para ela. Parabéns
Moi sentida de non poder acompañar hoxe unha das máis altas voces da nosa literatura, da poesía, do feminismo, da radio, da dignidade e da defensa dos medios de comunicación públicos, Ana Romaní. Os camiños da vida contigo teñen moito máis sentido!