Participamos na 5ª edición da Expofeira da Universidade de Vigo "A ciencia que vén ten nome de muller", unha xornada que xuntou a máis de 300 estudantes de educación infantil e primaria de centros do Val Miñor 👧🧒🏫
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUvigo
O COITIVIGO, en colaboración coa Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, vén de convocar a edición 2026 do Premio ao mellor Traballo Fin de Grao presentado na EEI durante o ano 2025.
🔗 Bases e inscrición👉 https://t.co/ip7INV2FgT
#eeiuvigo#venaindustriais
Despois de meses de moito traballo, de longas xornadas de estudo e de prácticas de todo tipo, xa estamos na recta final do curso😵🌀📝
A EEI non che dá ás, pero queremos que chegues moi alto. Ánimo e a por todas! 🚀🎓👏
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUvigo
O 20/05 celebrouse a XXXII, do Seminario de Loxística do “Grupo de Ingeniería de Organización” (GIO) da EEI. Os nosos parabéns ao grupo por esta apaixonante xornada, que reúne cada ano na nosa Escola a máis dun centenar de profesionais/estudantes🎉👏
Na EEI sentímonos orgullosos de contar con esta comunidade unida pola tecnoloxía e o talento.
➡️ Identifícaste con este perfil? Se es dos nosos, déixanos un ❤️ e demostra que a Xeración T está máis viva que nunca.
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUvigo
Os 8 e 9 de maio a EEI estivo presente en Ponteciencia! Investigadores de distintas áreas da Enxeñería Industrial, a través de talleres interactivos, fascinaron ao alumnado amosando a capacidade da ciencia e a tecnoloxía para transformar e mellorar o mundo que nos rodea✨🔬
Dentro dos premios que se outorgan nas diferentes categorías da competición de robots da EEI, queremos destacar o da ‘Orixinalidade’. Un recoñecemento que quere pór en valor a vea Artística das disciplinas STEAM 🤖🤩
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUvigo
O 30 de abril ás 12:30 inaugúrase na Sede Campus a exposición das fotografías finalistas do IV Concurso de Fotografía da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) 📸🖼️
Neste abril acollemos dúas xornadas cheas de grandes momentos, nas que gozamos do alumnado mozo e que nos encheron de moita ilusión escoitando os grandes proxectos nos que están pensando de cara ao futuro 🚀📚
Unha Escola sempre coas portas abertas ás persoas.
#eeiuvigo
Este 17/04, a nosa Escola volveu vibrar co talento e a creatividade de preto de 500 estudantes de toda Galicia que se deron cita nun novo ‘RobotFriday’, a 9ª edición, que superou un ano máis as nosas expectativas.
Esperámosvos no próximo ‘RobotFriday’ da Escola. A pola 10ª!
Atención!
Lembra que a data límite para anotarse no acto de graduación está próximo, tedes ata o 4 de Maio. Non te despistes e faino xa! 📅 https://t.co/cgrfmysArR
Vémonos no mellor acto que te podes imaxinar e con algunha sorpresa. Non esaxeramos! 😉
O 15/04, A RAGC celebrou o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas e o Premio de Divulgación Científica.
Parabéns a Miguel Díaz-Cacho e todo o seu grupo polo Premio de Transferencia!
Rematamos o reto Compy Robot! 🎉
7 centros de ensinanza da nosa comunidade traballaron para conseguir superar esta 1ª edición do Reto. O desafío foi facerse co seu novo amigo, o robot Compy, coñecendo a programación básica, movemento autónomo e, claro, traballando en equipo 🤝
A IA é unha ferramenta poderosa que chegou para quedarse e transformar a maneira de levar a cabo algúns procesos, é unha realidade.
Está a transformar a maneira de entender a docencia, en particular a universitaria, é un feito, e canto antes esteamos preparados, mellor 🎓💡
O pasado 27/03, na Sede Cidade da, o Congreso de Traballos Colaborativos celebrou a súa vixésimo sexta edición, unha nova cita na que estudantes de grao de diferentes titulacións puxeron en común os seus coñecementos para desenvolver proxectos innovadores de utilidade social 🤝💡
✨🚀 Buscas un portal para facer realidade os soños da túa vida? 🌍🔎Buscas un portal para descubrir grandes lugares e oportunidades?
🛸🪐 Buscas un portal para pisar firme e entrar noutra dimensión?
Entra agora! https://t.co/nmjUGb3QZx
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUvigo
Compartimos os gañadores dos concursos conmemorativos dos 125 anos do inicio na nosa cidade dos estudos de industriais e dos 50 anos da creación da ETSEI!
🏆 Logo: César Álvarez Bermúdez - "Dúas Escolas, Un Futuro".
🗿 Escultura: Ismael Lamas Paredes - "Legado en Evolución".
A EEI vén apostando forte, facendo grandes investimentos, para acadar acordos que permitan dispor de licenzas para o uso de programas de software avanzado no despregamento da docencia 🖥️📚
Os grandes acordos non se miden polo seu número, senón pola súa pegada!
#eeiuvigo
Este 18 de marzo na Sede Cidade vivimos o evento anual máis esperado, a celebración do noso Patrón, “San Pepe”. A celebración deste ano estivo marcada pola conmemoración dos aniversarios da Escola, aínda que o mellor está por vir.
A polo próximo San Pepe! 😉
#eeiuvigo
Hoxe, 17 de Marzo , no vestíbulo da Sede Campus da EEI, no marco da celebración dos aniversarios que está conmemorando a Escola, tivo lugar a inauguración do ‘espazo de directores’ 🎉🏫
#eeiuvigo#venaindustriais#MáisUVigo