A semana pasada rematou a mobilidade Erasmus+ dedicada aos programas de integración e formación para o emprego da VHS Berlin Mitte. Unha experiencia moi enriquecedora na que descubriron novas metodoloxías na educación de persoas adultas e boas prácticas que trouxeron de volta.
Esta semana dúas docentes da EOI de Ferrol participan no centro VHS Berlin Mitte nunha mobilidade Erasmus+. Están a aprender diferentes estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento da competencia comunicativa e as iniciativas formativas para persoas migrantes e refuxiadas.
Esta semana dúas docentes da EOI de Ferrol participan en Berlín nunha mobilidade Erasmus+. Onte tiveron unha introdución ao centro de acollida; asistiron a clases para observar os seus programas e servizos e participaron nun Sprachcafé nun ambiente distendido e intercultural.
O pasado mércores rematou a mobilidade do alumnado e profesorado do @Erasmus+ na Università delle LiberEtà (Italia). Unha experiencia enriquecedora na que tiveron a oportunidade de mergullarse no italiano e asistir a clases sobre a arte e gastronomía italiana e IA, entre outras.
📷📷
A semana pasada rematou en Malmö a formación para a EOI de Ferrol. Unha experiencia intensa de aprendizaxe, intercambio profesional e apertura a novas formas de entender o ensino en contextos plurilingües. Seguimos medrando en Europa para seguir mellorando aquí. 📷
Hoxe remata a mobilidade formativa Erasmus+ no Instituto Károlyi Mihály de Budapest, na que participou alumnado da EOI de Ferrol e das seccións de Cedeira e As Pontes. As actividades nas que participaron supuxeron unha experiencia inmersiva de aprendizaxe moi enriquecedora.
📷 A mobilidade Erasmus+ da EOI de Ferrol en Malmö está a permitir coñecer de preto centros, servizos educativos e prácticas inspiradoras de grande interese para o traballo arredor do plurilingüismo e da inclusión.
#EOIFerrol#ErasmusPlus#SEPIE#EducaciónDePersoasAdultas
Onte o alumnado e o profesorado da @EOI de Ferrol gozaron doutra xornada de inmersión na lingua italiana na Università Delle LiberEtà, con actividades lectivas relacionadas coa tecedura, arte, saúde mental e a cultura de viño en Italia. Un día cheo de encontros marabillosos!
O noso grupo Erasmus viviu unha experiencia enriquecedora no Instituto Károlyi Mihály de Budapest: presentacións en inglés, traballo colaborativo co alumnado e unha visita guiada ao museo etnográfico da man dos propios estudantes. Intercambio, cultura e aprendizaxe!
📷 Esta semana, unha docente da EOI de Ferrol participa en Malmö nunha mobilidade Erasmus+. A formación How to Deal with Multilingualism in the Classroom está centrada na reflexión sobre o plurilingüismo, a inclusión e as estratexias de apoio lingüístico en contextos diversos.
O luns un grupo de alumnado e unha profesora comezaron a súa mobilidade na Università delle LiberEtà (Udine, Italia). Participaron en varias actividades lectivas pola mañá e aprenderon moitísimo sobre a historia de Udine nunha visita guiada pola tarde.
Onte comezou a mobilidade Erasmus+ da nosa EOI de Ferrol no Instituto de secundaria bilingüe español-húngaro Károlyi Mihály de Budapest. Aprender non ten idade!
Como moitos xa sabedes, a nosa asociación Goethe cumpre 25 anos, polo que temos un acto este venres para celebralo. Asimesmo, hai outras dúas actividades programadas