📜 Esta semana estivo acompañándonos na EPAPU Alberto Cacharrón, que impartiu unha didáctica e moi entretida conferencia sobre a lenda e a historia do Camiño de Santiago.
Grazas, Alberto! https://t.co/N93OhvYUx8
📚O equipo da súper BiblioEPA vén de instalar dous puntos de Bookcrossing para o intercambio de libros.
📕Colle un libro e deixa aqueles que che gustaría compartir! https://t.co/gWEMFoRTFm
Comezamos as primeiras actividades do curso con esta proposta da BiblioEPA.
Este mes na EPA teremos unha charla coa presenza da mestra e política @carmeniglesiassueiro
Tampouco vos podedes perder o encontro coa poeta labrega @anavilaportomeñe
Dúas grandes na EPA!
Gústache bailar? Gústache escoitar música galega?
Entón, non o dubides e participa no II certame de Coreografíate da @as.pg
Tes ata o 21 de novembro para inscribirte!
💻 + INFO: https://t.co/1hqAkvjMcc
🌎 O mundo está desexando que te fagas youtubeirx🌎
Participa nos #premiosyoutubeiras ata o 15 de novembro.
👉 E ti, que queres contar no Youtube?
@youtubeiras
Ola! Benvidxs!
Somos Iván, Begoña, Marisa, Conchy, María, Belén, Pablo e Cris e formamos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EPAPU de Ourense.
Comezamos esta nova etapa…
Queres acompañarnos?
Feliz día do Orgullo. Este cartaz foi unha proposta do alumnado de 3º tarde cando fixeron a web quest "Blanco Amor ese epente..." https://t.co/Vm0VulZqIK Desfacendo "entuertos" grazas a Afonso Vazquez-Monxardin .
Epapu Ourense #Orgullo2021
Se queres levar ao túa aula a #FlorencioDelgado con música busca na nosa presentación https://t.co/Tn36dAZfgB... as 4 propostas que che facemos para cantar ao noso poeta.
Mañana por la tarde, en IV CONGRESO INTERNACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN FILOSOFÍA, hablaremos del lugar de la Filosofía en Secundaria. @FilosofiaUCM#filosofiaobarbarie Activismo e innovación. Diagnóstico de la actualidad Hacia un programa de máximos @Defensa_Filo
As nosas compañeiras de "Donas de si" pechan o seu proxecto por este curso coa entrevista a Wahira Shankar e coas aportancións dos departamentos de Historia e Lingua Española
https://t.co/PSfzMv3jBv
Os Departamentos apoian na difusión da lingua aportando materiais en galego para as clases e para divulgación. Todas as imaxes son Rosa Méndez, física e química, así coma o vídeo. Son as plantas máis comúns e habituais na nosa paisaxe. Moitas grazas.
https://t.co/bJ0l2EMtoa
Por segundo ano consecutivo a nosa participación no certame "Falando de solidariedade" foi recompensada con varios premios para o noso alumnado
#freeafganistan#falandodesolidariedade
https://t.co/6GNNbjj9Cz