🎄 Xa son moitos os fogares que comezaron coa súa decoración de #Nadal 💡
No caso das grilandas luminosas, ten en conta os seguintes consellos para que sexan seguras e así minimizar o risco de incidentes. 👇
#ConsellosConsumo#EscolaGalegaDoConsumo
Xa chegaron as promocións! Recomendámosche que teñas en conta os seguintes consellos cando realices as túas compras 👇
#ConsellosConsumo#EscolaGalegadoConsumo
📣 #Formación O IGCC está a impartir o curso sobre "Xestión das reclamacións" en modalidade de #telepresenza 💻
Esta acción formativa está incluida no PFCI do 2020, no marco do Acordo de Formación para o emprego das Administracións Públicas (AFEDAP).
📝Velaquí un resumo dos #ConsellosNoComercioElectrónico. É importante telos sempre en conta á hora de realizar compras online. Recorda que podes compartilos cos teus contactos!
☎️ En caso de ter dúbidas pide cita para a oficina de consumo máis próxima ou chama ao 900231123.
No caso de que un produto comprado en liña estea defectuoso ou non se corresponda ao anunciado, o vendedor está obrigado a ofrecerche unha das seguintes opcións:
🛠 Reparación do produto
🆕 Substitución por un novo
➖ Facer un desconto
💵 Reembolsar o importe da compra
🔷 No #comercioelectrónico podemos desistir da contratación ou compra dun servizo ou produto nos 1️���4️⃣ días seguintes sen xustificación algunha.
❗️A empresa queda obrigada a devolver nun prazo de 14 días todas as cantidades aboadas.
#ConsellosNoComercioElectrónico #DereitosConsumo
📬 No momento da recepción dun produto comprado en liña, comproba que se corresponde co que contrataches. De non ser así, tes dereito a súa devolución 📤. Isto tamén se aplica se o produto é erróneo ou chega defectuoso.
#ConsellosNoComercioElectrónico#DereitosConsumo
🚛📦 A empresa ten, como máximo, ata 3️⃣0️⃣ días naturais para executar a entrega do pedido. Se non o fai antes deste prazo, por non encontrarse dispoñible o ben ou servizo, debe informarte o antes posible e devolverche os cartos aboados.
#ConsellosNoComercioElectrónico
Bo día! Onte o alumnado do Ies San Alberto de Noia visitou as nosas instalacións e realizamos unha charla sobre Consumo responsable e sostible ademáis de traballar a linguaxe publicitaria, a publicidade ilícita e o consumo responsable no supermercado.
Bo día! Onte recibimos a visita do EFA Piñeiral, de Arzúa, e realizamos unha charla sobre Consumo responsable e sostible e varios obradoiros sobre publicidade, marcas e etiquetado. #SemanaDereitosPersoasConsumidoras