Mañá, martes 12 de setembro, celébrase, en #Pontevedra, o derradeiro curso da #Escoladeletras, desta cuarta edición, da @depo_es e a @EdGalaxia.
O obradoiro literario celebrarase os días 12, 19 e 26 de setembro; 2, 9, 16, 23, 30 de outubro, con @diegogiraldez.
📢 Mañá ás 08.00 horas ábrese o prazo de matrícula para participar no obradoiro con @diegogiraldez da @EscoladeLetras, que se desenvolverá a partir do 12 de setembro en @Pontevedrate
Mañá comezan dous novos obradoiros da @escoladeletras que temos en marcha con @EdGalaxia
Esther F. Carrodeguas imparte o de literatura e narración na sede de #Vigo os días 3, 10, 18, 24 e 31 de maio e Antonio García Teijeiro o de poesía no Pazo Provincial o 3 e o 10 deste mes
📚 Feliz #DíadoLibro!!
Este ano celebramos esta data tan significativa por adiantado cun gran acto de presentación na sede de #Vigo do terceiro volume de "Tes cinco minutos", obra escrita polo alumnado da @escoladeletras que puxemos en marcha coa @EdGalaxia
Hoxe na sede de #Vigo festexamos o #DíadoLibro! Presentaremos a nova escolma de textos do alumnado da @escoladeletras "Tes cinco minutos #3" co acompañamento da música do trío Abril. Celebramos a literatura en galego. Celebramos a creación literaria.
📚 #DíadoLibro
Xosé Lueiro, Pitusa Piñeiro (pseudónimo de Antía Marcote), Alba Piñeiro e Diana Cidrás len fragmentos da súa autoría que podemos atopar en ‘Tes 5 minutos #3’
📚 #DíadoLibro
Tempo para o alumnado da @escoladeletras! 'Tes 5 minutos #3' son 34 poemas e relatos curtos de diferente temática destas extraordinarias autoras e autores, a maioría mulleres. Coñecemos 4 deles nas súas voces
📚 #DíadoLibro@carmelasilva remata asegurando: "A grande acollida que ten sempre a @escoladeletra revela que á xente impórtalle a cultura e quere formar parte dela. Amais o fai presumindo da nosa lingua que nos constrúe como pobo"
📚 #DíadoLibro
A presidenta @carmelasilva pola súa parte explica como a @escoladeletras: "É unha idea feliz que permite poñer as letras no centro da vida, ofrecer un espazo onde crear cunha creatividade inesgotable e compartir o coñecemento das e dos mellores docentes"
📚 #DíadoLibro
Francisco Castro @chamademesimbad, director da @escoladeletras destaca que este é un acto de amor e engade: "As alumnas e alumnos que participaron nos cursos son oficialmente autoras e autores ao figurar nun libro que se venderá en todas as librarías de Galicia”