Non podía haber mellor fin de festa para esta 4ª Escolma de Cinema Galego de Sarria que a festa sensorial que montaron @baiucamusic e Adrián Canoura en La Unión. E danzar ata que o corpo aguante
#cinemagalegosarria
📸Toño López
Grazas por ateigar, un ano máis, a Casa da Cultura de Sarria para gozar co cinema galego. O noso talento conquista públicos dentro e fóra do país, cando ten a oportunidade #cinemagalegosarria
Rematan as proxeccións, pero a @escolmacinema continúa. Agardámosvos ás 23.30 h en La Unión, con concerto de @baiucamusic acompañado polos audiovisuais de Adrián Canoura.
[🎫 Como todas as actividades da Escolma, o acceso é de balde até completar aforo]
Diana Toucedo explica nunha Casa da Cultura ateigada de público o proceso creativo de Trinta lumes, baseado na relación de confianza mutua que conseguiu establecer coa veciñanza do Courel #cinemagalegosarria
“Buscar a autenticidade na limitación de planos por secuencia e de tomas por plano que implica rodar en analóxico”, unha das claves de A estación violenta que desvela @Anxosfe na @escolmacinema
O Cine Club Leslie Nielsen - La Unión acolleu esta mañá a proxección de tres filmes e o posterior encontro con Adrián Canoura. Unha ocasión única para achegarse a unha das obras máis persoais do cinema galego presente e futuro
📸 Toño López
A 4ª @escolmacinema continúa despois de xantar na Casa da Cultura:
▪ 17h Os fillos da vide, de @CebraAdd
▪ 18h30 A Estación Violenta, de @Anxosfe + conversa coa directora
▪ 20h15 Trinta lumes, de Diana Toucedo + conversa coa directora
E, pola noite... @baiucamusic na Unión.
Todo listo en La Unión, agardámosvos ás 12.30 con tres filmes de Adrián Canoura e unha conversa - vermú co autor. Arrinca o día grande da 4a @escolmacinema#cinemagalegosarria
“Pedimos igualdade e temos que empezar nós mesmas”, diso vai “Personalidade”, a curta que realizaron esta semana oito rapazas de Sarria dentro da @escolmacinema
🗓 Hoxe venres, día 22 | 🕑 20h | Casa da Cultura de Sarria
🎬 Arrinca a @escolmacinema coa proxección da curta realizada por oito rapazas dos Institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez esta mesma semana. A entrada é libre e gratuíta até completar aforo. Agardámosvos!
🎬 | Trinta lumes | 80' | Dirección: Diana Toucedo
Sábado 23 | 🕑 20h15 | Casa da Cultura de Sarria.
Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte. #cinemagalegoensarria
A cuarta @escolmacinema celebrarase en Sarria o 22 e o 23 de febreiro e terá como principal reclamo a presenza das directoras Anxos Fazáns e Diana Toucedo. https://t.co/paLIKEm3ox
Esta fin de semana celebrarase a IV edición da @escolmacinema Galego de #Sarria, cun protagonismo absoluto para as directoras. Proxectaranse os filmes de Ana Domínguez, @Anxosfe e Diana Toucedo. Tedes toda a info neste vídeo👇👇👇
🎬 | Os Fillos da Vide | 69' | Dirección: Ana Domínguez
Sábado 23 | 🕑 17h00 | Casa da Cultura de Sarria.
Unha viaxe en clave persoal á tradición ancestral das vides, da vendima e do viño, e a súa relación cos ciclos da vida e coas raíces pagás da festa.
#cinemagalegoensarria
A IV edición da Escolma de Cinema Galego, na última fin de semana de febreiro, e a V do festival indie Esmorga Fest, a mediados de marzo, reflicten como o público existe cando se dá coas chaves para o atopar
https://t.co/Ueqkq7oXi1
📹 Mónica López -concelleira de Cultura do Concello De Sarria- e @bertitxi -director da Escolma de Cinema Galego de Sarria- teñen unha mensaxe para vós!
Lembrade: este venres 22 e sábado 23, agardámosvos con @Anxosfe, #DianaToucedo, #AnaDomínguez, #AdriánCanoura e @baiucamusic!
🎬 | A estación violenta | 68' | Dirección: Anxos Fazáns
Sábado 23 | 🕑 18h30 | Casa da Cultura de Sarria.
A Manuel gustaríalle ser escritor, pero en lugar diso, vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións.
#cinemagalegoensarria