Láminas xa á venta, abre este minifío para ver todos os modelos dispoñibles!
Todas elas en formato A3, prezo 20€ con posibilidade de entrega de man en Carballo ou envío por +3€, calquera cousa dálle ao MD❤️
SORTEAMOS UNHA VIAXE DOBRE A BRUXELAS PARA ASISTIR AO @EmigraSon_ ✈️🇧🇪
Queremos que a #XenteDeleite estea no festival galego da diáspora e por iso sorteamos unha viaxe dobre para gozar a experiencia con todo incluído.
✨ Participa facendo RT e seguindo as dúas contas ✨
Hoxe inaugurouse en Espiral Maior Foro de Carballo, con gran presenza de público, a exposición pictórica colectiva titulada "A pintura ten vida propia", título este inspirado en declaracións públicas do pintor de Wyoming (todo un revolucionario nas artes da cor e das formas) Jackson Pollock. E aí están expostas obras de Isa Bermúdez, Josecho Gonzalez, Carlos Pereira, Gosia Trebacz, Xulio García Rivas, Tucho Caamaño e de quen aquí lles escribe. Distintas estéticas (a estética é a ética do futuro, que dixo o clásico ruso), distintas percepcións da realidade, distintas 'belezas' que foxen no tempo e regresan, distintas vidas propias, distintas esperanzas. Están todas e todos vostedes convidados a ver a exposición neste mes de agosto e aínda no mes de setembro.
Andrés Pinilla Fraga, Pedro Pinilla Calvete e Juan Boedo Pardo. Veciños coruñeses asasinados polo terror franquista e fascista en 1936. Hai uns meses foron recuperados os seus restos nunha 'foxa común' no cemiterio carballés de Bértoa. Onte, venres, 11 de abril, fóronlles entregados os seus restos ás súas familias. Tivo lugar o acto no Salón de Plenos do Concello da Coruña. Xustiza, Dignidade, Reparación, Verdade, Recoñecemento Persoal e Homenaxe Pública.
En setembro deste mesmo ano fárase o mesmo, e en presenza dos seus familiares chegados de México, cos restos do gran pintor e artista coruñés internacional Francisco Miguel, tamén recuperado na mesma foxa en Bértoa da "longa noite de pedra" do esquecemento.
Olaa!!
Acabo de estrear canal de Youtube, onde mostro o día a día como artista, cos retos e ilusións de vivir da pintura. Se che interesa o mundo da arte, este espazo é para ti! 🥳
https://t.co/vy5pN2LSnp
O cadro que me fixo descubrir de novo a miña vocación, coma se fose a miña primeira pintura, quedou nesa casiña vermella que pintei á beira das vías do tren
Despois de moitos meses sen pintar, o pasado sábado no concurso de pintura rápida de Rábade, volvín a conectar coa arte.
Alí coñecín a Luis, un home duns 60 anos que vivía da venta ambulante
Bueno, por si non o sabíades aínda, fixen estes cartaces para o BNG!
Hai un mes e medio recibín unha mensaxe preguntandome si me interesaba participar nesto, e non mo pensei duas veces!
Resulta que o BNG ten un mupi na rúa xeneral pardiñas, en Santiago, no que están facendo un
✍️🏻 4.5.24 @elprogreso_Lugo@Diario_Pontev
(...) "Manuel Facal é, sen dúbida, a personalidade no eido das artes plásticas máis importante que ten producido Carballo e Bergantiños en toda a súa historia, e así mesmo é un dos creadores plásticos galegos —gravador, pintor e escultor— de maior relevancia, na segunda metade do século XX e até hoxe, non só no conxunto do Estado español senón nun panorama internacional onde a dimensión creativa do artista carballés obtivo unha resonancia pouco común"
O martes, día 7 de maio, ás 20:00 h., en Espiral Maior Foro de Carballo, inauguro a miña 1ª exposición individual de pintura: só nalgunha exposición colectiva teño participado. O título da exposición é "Grammáticas e Iluminacións" e estarán expostas arredor de 40 obras, a inmensa maioría delas realizadas (técnicas mixtas) nos anos 2022 e 2023: só unha ou dúas foron rematadas no 2024.
A miña obra plástica figura en diversas coleccións privadas, dentro e fóra de Galiza, e mesmo fóra de España, e teño colaborado como ilustrador en numerosas portadas de libros publicados, así como no deseño persoal de coleccións editoriais.
No que toca a esta exposición, "Grammáticas" (gramma, grammata, grafo) corresponde a unha serie de poemas visuais pictóricos (non pictográficos) que experimentan cunha sorte de tecido textual que se fai obra plástica en si mesma. E "Iluminacións", a outra serie de obras presentes, é o resultado da superación da "penumbra", da sombra da "pandemius, tendo moi presente que as cores son actos de luz, de vida (Goethe), e ao mesmo tempo unha chave para a beleza (Kandinsky). Ou dito doutro xeito, a cor como "nacemento latente" (abstracción lírica), lembrando aquí o soneto "Vogais" (1883) de Arthur Rimbaud.
No acto de inauguración participarán Carlos Pereira, historiador, pintor e escritor; Teresa Seara, profesora de Literatura e crítica literaria, e o concertista e violinista da Orquesta Sinfónica de Galicia Florian Vlashi, que interpretará unha obra do compositor e violinista galego Manuel Quiroga titulada “Emigrantes celtas”, e outra do compositor húngaro György Kurtag que leva por título “Signs, Games and Messages”.
Non podo estar máis agradecido. Todas e todos vostedes fican convidados.