Acabo de escuchar por mi ventana como un señor le echaba la bronca a alguien por teléfono diciendo que no podía ir a urgencias para eso porque eso no era una urgencia y que ya tenían suficiente los médicos como para tener que aguantar tonterías. He estado por salir y aplaudirle
No documental poderedes desfrutar da historia da industria baleeira de Caneliñas dende unha perspectiva única, a de dron. 👀 Moitas grazas a Juan Iglesias e ao equipo de Vaspoloaire Galicia por estas fantásticas imaxes! 🤩
Mentres, seguimos traballando no proxecto ⏳🐳🌊
Begoña Fernández, da tenda turísitca e galería de arte @stoupaturismo en Cee, recolle, difunde, expón e comercializa as obras e historias destes emprendedores e creadores locais para poñer en valor o arte de toda a comarca.
Chisco Fernández, filósofo e escritor galego, leva 10 anos traballando na creación dunha obra literaria sobre a relación de Galicia cos cetáceos dende os nosos inicios na que mestura diferentes xéneros e estilos. Varios dos capítulos fálannos de Caneliñas.
Álex, autor do libro Chimán, foi un biólogo catalán que chegou ata Caneliñas. Este traballo permitiulle convivir nos barcos baleeiros, vivir en Caneliñas e traballar co persoal da factoría. Entrou sendo case un neno con 21 anos e saíu casado e cunha filla de 4 anos.
Lidia foi unha das que máis pelexou polos dereitos dos traballadores. Os empregados tiñan que cambiarse á intemperie e comer no monte ó frío pero ela, xunto con outros compañeiros, conseguiu que se fixesen novas instalacións que aseguraron unhas condicións de traballo dignas.🐳🌊
Constante traballou durante 11 anos nos buques baleeiros, aquí un dos varios nos que estivo na caza da balea. El comezou en cociña, logo en máquinas e tamén e de mariñeiro. Unha vez conseguida a peza era preciso chegar canto antes a terra para manter a calidade da carne. 🐳🌊
Delvina, que traballou na baleeira durante 8 anos, amósanos un anel feito cun dente de cachalote.
“As mulleres cortabamos a carne, afiabamos os coitelos ou carrexabamos o escombro. Algún home era moi machista e non quería que traballásemos con cousas do mar ". 🐳🌊
Joaquín Cambeiro foi o dono do hostal Buenos Aires, no Ézaro. Durante máis de 10 anos hospedou ata a 11 xaponeses encargados de ensinar en Caneliñas as técnicas de traballo da baleeira.
DENTRO FÍO‼️⬇️⬇️⬇️
Julio viviu maís de 10 anos na facatoría xunto a súa familia. Conviviu cas baleas mantendo a súa infacia e parte da adolescencia dun xeito totalmente normal, e á vez extraordinario. Con el percorremos o que foi a súa vivenda, un espazo que a día de hoxe se atopa despoboado🐳🌊
Celina tamén formou parte da historia de Caneliñas. O traballo das mulleres era dos máis duros da factoría e estaba peor remunerado que o dos homes. Cos anos, e despois de loitar por unha igualdade laboral, a súa situación puido mellorar 🐳🌊
Jesús, veciño de Gures, amosounos unha das principais ferramentas de traballo nos buques baleeiros que garda con moita nostalxia: un arpón xaponés de máis de 70 kg😮🛳️🐳
Boas a tod@s baleeir@s 🐳🌊‼️
Estamos encantadas de anunciarvos de que xa estamos a traballar arreo para que o proxecto colla velocidade de cruceiro 😝
Esta fin de semana tivemos a primeira toma de contacto con algúns dos nosos protagonistas...
Caneliñas foi un dos principais motores económicos da Costa da Morte. Na actualidade tan so quedan os restos da que se converteu na última baleeira activa en toda Europa. No documental interactivo Caneliñas, a costa das baleas somerxémonos nesta singular historia🐳🌊
ÚLTIMA HORA | O coronavirus cóbrase tres vidas de tres doentes ingresados no Hospital Comarcal. Un varón de 64 anos, un home de 84 anos procedente da residencia DOMUSVI de Vimianzo e unha muller de 73 años tamén procedente da residencia DOMUSVI de Vimianzo.
ÚLTIMA HORA| A Xunta decreta o peche perimetral de Muxía, Cee é Dumbría.
🔴Pecha a hostalería, que só poderá servir a domicílio ou para levar
🔴Só se permiten as reunións de conviventes
🔴Non se poderá sair deses concellos pero sí circular entre eles