A Federación de Construción e Madeira (FCM) da @galizacig é a principal organización sindical galega do sector. Membros da #UITBB e da @WFTU_eurof ⚒️👷🏻♀️👷✊
Asi se viviu desde dentro a nosa acción en Augas de Galiza, onde tivemos que pecharnos durante dúas horas para lograr que o persoal despedido do servizo público de rozas de leitos fluviais da @Xunta fora escoitado por esta administración. A loita é o único camiño!
Sempre que nos deixa un compañeiro é triste. Cando pasa pola precariedade laboral, resulta tráxico: hoxe deixounos un obreiro que dedicou a súa vida a retirar amianto; o cancro rematou coa súa vida en semanas. Pero a súa loita non fixo máis que comezar. Farase xustiza.
A @fcmcig volve ao comité de ASERPAL (Grupo Losán) tras anos ausente. O persoal da fábrica de taboleiro de Vilasantar elixiu un membro da @galizacig, a escasos votos do 2º. A CIG agradece o apoio que nos permitirá seguir defendendo os postos de traballo en risco no Grupo.
Este berro das mobilizacións da @fcmcig xa é consigna nas mobilizacións de repulsa contra o fascismo que ameaza con expulsar a quen viu para mellorar a vida. E non podemos estar máis orgullos@s!
Contra o fascismo nin un paso atrás! Botémolos de todas as institucións!
O persoal de EULEN que se ocupa do mantemento dos leitos fluviais para Augas de Galiza mobilizarase mañá venres 13 ás 12 diante do Edificio admin. da Xunta en Monelos (A Coruña) pola continuidade dos seus empregos e a subrogación diante da represión.
https://t.co/NrWjMFyQWW
A @fcmcig protestou ante o edificio en obras en #Negreira no que faleceu un operario en accidente de traballo o 9 de setembro, onde despregamos unha faixa co lema da campaña: ‘Galega, estranxeira, a mesma clase obreira: Construción sen explotación!’.
https://t.co/YxWnS5W7W6
🚧A @galizaCIG obtivo, por primeira vez, a totalidade da representación no servizo de conservación e mantemento das autoestradas #AP9 e da autoestrada AG-55, adxudicado á empresa #Aquaterra, e convértese en hexemónica nas autoestradas galegas de #Audasa.
https://t.co/iRxyBPDDKz
O persoal de Losán e Aserpal manifestaronse hoxe en Vilasantar e Curtis contra a situación de impago e incertidume que viven case 200 persoas traballadoras do grupo e as súas familias, co apoio solidario de centos de veciños/as e o peche dos negocios comerciais e de hostalería.
Mañá estamos todos e todas chamadas a secundar a mobilización do grupo Losán e defender non só os postos de traballo do 2º grupo madeireiro de Galiza senón o futuro dunha comarca industrialmente deprimida. Vémonos ás 12h no Empalme. QUEREMOS TRABALLAR E COBRAR, NON MENDIGAR!
Mañá estamos todos e todas chamadas a secundar a mobilización do grupo Losán e defender non só os postos de traballo do 2º grupo madeireiro de Galiza senón o futuro dunha comarca industrialmente deprimida.
Vémonos ás 12h ante Aserpal.
QUEREMOS TRABALLAR E COBRAR, NON MENDIGAR!
O persoal do Grupo Losán alerta do deterioro irreversíbel pola demora do investidor e a irresponsabilidade da dirección.
O 15 de xaneiro está convocada manifestación ás 12:00 horas dende a planta de Aserpal en Vilasantar até Industrias Losán en Curtis.
https://t.co/uKygpzZTPp
🇻🇪Manifestación para rexeitar a agresión ianqui a Venezuela, pola paz e a soberanía dos pobos
👉O sábado 10 de xaneiro dende a Alameda de Santiago ás 12:00 horas
ℹ️ https://t.co/P6vmKkqQ1u
#Venezuela#GalizaConVenezuela
🔴 Cando o imperialismo demostra máis unha vez que non ten limites e non respeita nin as regras que di defender, non esquecemos que a #Palestina continúa a sofrer un brutal xenocidio ao que chaman paz.
🇵🇸 Este luns 12, de novo ás rúas!
#GalizaConPalestina
✌️A @fcmcig faise con todo o comité da compañía coruñesa #Liñagar, unha das maiores empresas galegas de construción
❌Un laudo arbitral anulou as candidaturas “independentes” e deixou como única lista válida ao proceso a presentada pola central
ℹ️ https://t.co/03Ua2GsljM
A @fcmcig vén de acadar unha vitoria sen precedentes nas eleccións sindicais celebradas na compañía coruñesa #Liñagar, unha das maiores empresas do sector da construción e do contract en Galiza, cun cadro de persoal próximo ás 200 persoas traballadoras.
https://t.co/BEYPh78zsd
A @fcmcig impúxose no proceso de eleccións sindicais de Liñagar, despois de que o laudo arbitral anulara as candidaturas "independentes" por graves vicios legais, determinando asignar os 9 membros do Comité de Empresa en xogo á @galizaCIG.
✊O persoal de Industrias Losán intensifica a loita polo cobro de salarios e garantías de futuro
📢Desenvolveu protestas diante do SMAC e nas oficinas da empresa na Coruña
ℹ️ https://t.co/11BUIxgS4c
#IndustriasLosán#Losán#Curtis#Vilasantar#ACoruña#SMAC@fcmcig
O persoal de Losán, con centros en Curtis, Vilasantar e Coruña, mobilizouse hoxe diante do SMAC e na sede administrativa da empresa contra o impago das nóminas de novembro e a paga extra de Nadal, nunha completa incertidume sobre o futuro da empresa.
https://t.co/8aobEjt2Hd