A Corporación Municipal recibiu onte, no Salón Nobre do @PazodeRaxoi, a representantes das 59 entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte, celebrada o pasado 30 de setembro no #ParquedeGaleras.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Deportes, @estherpedrosa2; e os edís Alejandro Sánchez Brunete e Ana Sabel, do Grupo Popular; Jorge Duarte, de Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, portavoz do BNG; entregaron un diploma a cada unha das entidades.
📣📣📣📣IMPORTANTE📣📣📣📣
🌧 Por causa da climatoloxía adversa prevista para a fin de semana, SUSPÉNDENSE as actividades do domingo da #FestadoDeporte.
Lamentamos as molestias!