Anímovos a ter o valor de ter conversas incómodas coa xente que vos importa e que intentedes deixar o menos posible dentro sen dicir, que case todo ten solución (aínda que non sempre sexa inmediata) e quererse ben e coidar dos vínculos pagha moito a pena ❤️🩹❤️🩹❤️🩹
Entre a burrada e a transfobia de equiparar ter a reghra con ser muller e o sobreestimar o impacto emocional que ten o ciclo hormonal como se fose unha cousa que borra toda racionalidade na xente que temos a reghra, quedou un chío caralludo pra o século XIX.
Cando estamos en mercurio retrógrado é moi chachi porque teño en que escudarme cando me preguntan porque non estou ben e por que me paso todo o día chorando
Ola!
Son estudante de socioloxía e estou facendo un traballo sobre o uso que o alumnado da UDC con diversidade funcional fai do transporte público, se a alguén lle gustaría concedernos o seu tempo para contarnos a súa experiencia pode enviarme unha mensaxe privada