Estamos a unha carreira dos 1000 siareiros, moito levamos bogado para chegar ata aqui, algunhas veces emborcamos coa gamela pero tamén moito peixe cheirando a frescura sacamos no mar tuiteiro. Súmate, partilla e achéganos as túas colaboracións co cancelo #fodechinchos
Una mentira que ten as pernas curtas.
A língua conta como um mérito mais, coma cursos e outras caralladas. A língua non é un requisito. Ogallá o fora!
Que se deixen de enganar con trolas.
Aprenda a mentir mellor, apreciado #fodechinchos de @artemiopayar !
Soltóusenos o burro e agora anda ceibe pola vila, xa deu un par de couces e semella que a algún #fodechinchos deixouno un pouco parvo.
Preocúpannos seriamente das alucinacións que poidan estar a sufrir estes de @CsCValenciana, a min xa me parecía que ía deixar secuelas.
Apareceunos este pitiño reconvertido en #fodechinchos .
@karlseta_2 é deses que a flipan contando contos. Alguns até fan rir. Se alguén pregunta por el, témolo nós, o miñaxoia estanos a cagar por todo!
Hai zimbróns que nunca deixarán de nos sorprender. Son máis ignorantes que atrevidos, ou era ao revés? 🤔
Para o caso é que este #fodechinchos anda un pouco curto de miolos e non se decata que a conversa comeza en catalán, miñaxoia @fildanfy1!
Os #desleigados da @vozcoruna xa nos teñen afeitos a fodechinchadas destas. En ocasións, cando lles cadra, non soltan ningunha coz, mais son poucas as veces.
Onde vai parar o absurdo desta gentalla?
E non se decatarán? queixanse da imposición dun "dialecto" mentres eles, nos obrigan a falar no seu, caralludo o de esta fodechinchada! Por Diós, @Maril15549471, canto #fodechinchos!
Mil noites Sherezade foi quen de distraer ao sultán cos seus relatos para que non lle cortase a cabeza. Mil son as augas no Abril. Até mesmo Verne escribiu aquilo de vinte MIL leguas de viaxe submarina... E nós tan preto dos 1000 seareiros!
NON NÓS MIRES! U N E T E!
Indo eu pra non sei onde
vendo eu a non sei quén,
á porta de, xa me entendes...
non me poido acordar ben.
#fodechinchos coma @PANILIBERTAD1 mellor esquecélos.
Hoxe apareceu na nosa zaranda un exemplar moi singular. Este #fodechinchos de río é quen de dicir que Feijóo prohibe o castelán na Galiza. Non vos rir de @eaglelaw86 por favor. 😝
O imperialismo fundaméntase en dominar outras terras e comunidades usando o poder para estender e impor aspectos propios sobre outros colectivos.
Imaxínome que diso o #fodechinchos de @Gaseoso642 sabe moito.