Nunca apostaría que a miña derradeira conversa, despois de case 18 anos aquí sería sobre gaitas, mais semella que co actual propietario chamando a un taxi desde o atril é momento de deixar de traballar gratis para el creando contido.
Grazas por tanto. Vémonos noutros lugares.
@Axeitado_ As jotas foron introducidas por músicos populares dentro das celebracións populares.
A banda de gaitas foi introducida desde a Deputación de Ourense.
Eu compararía as jotas co que fan as Tanxugueiras (ou mesmo Baiuca) non coas bandas de gaitas.
Mais xa digo que eu non sei do tema
O impacto de Xosé Lois Foxo na gaita galega completou o seu camiño nos últimos anos.
Agora xa ninguén comenta nada cando aparecen gravacións de bandas con percusión de alta tensión.
Non sei se é bo ou malo, mais está xa asumido. Igual que o churrasco.
Un dels moments més emotius que he viscut com a president del Parlament ha estat escoltar l’himne nacional, Els Segadors, a l’escala d’honor, interpretat pels gaiters de l’@ACGRosaliaCastr de Cornellà de Llobregat.
Extraordinari.
@carpinchocby Partindo da base de que na tradición galega non hai bandas de gaitas, a propia banda xa sería unha innovación. E o das percusións de alta tensión poderías dicir que vai no pack.
Aínda que eu non teño nin idea de música tradicional, ollo.
@DavidLombao Eu estudei no campus de Ourense nos 90. Moito escoitei ensaiar á real banda de gaitas da Deputación. Escoito esas percusións e retrocedo no tempo. 🤷🏻♂️
Comezamos o ano 2025 sen gañar a lotaría e seguimos sendo pobres, pero honradas.
Falamos coa Marta Veiga da presión social arredor dos XOGOS DE AZAR organizados polo Estado.
Supersticións, probabilidades e adiccións no novo episodio de As Womansplainers!
Sobre isto lembro a un moi reputado intelectual histórico do país cando lle ensinei Google Earth. Ficou abraiado.
-Podes achegarte a TalSitio?
Baixei ata o seu concello.
-Tremendo. Un pouquiño máis?
Descendín ata a súa parroquia. Exclamacións de abraio.
-Que marabilla. Colle por aí.
Quererá ver a súa casa, pensei.
-Esa é a súa casa, non?
-Si, fillo, si, pero colle aí máis á dereita, por favor. Magnífico.
Os ollos tíñaos como melóns de grandes. Está fascinado co que pode facer a tecnoloxía, pensei. Sinalou aquela casa cunha finca.
-E este trebello abraiante poderá baixar un pouco máis?
-Un chisco si, veña.
Puxo unha enorme cara de satisfaccion. No interior daquela finca, que se vía protexida do exterior por un gran muro e árbores, había unha piscina. E de súpeto aquel señor salta diante de min:
-Ves como o cabrón fixo unha piscina sen licencia?
Un dos grupos máis interesantes dos últimos tempos no panorama galego. Dádelles cariño, que son xeniais e teñen moitos discos por sacar ;)
https://t.co/a058dpabzh
@RevistaLuzes
Amigable lémbrate de que agora o lugar para poder ignorarme a min e ás miñas m€rdas é a rede do ceoazul.
Non a do CEO que está medio azul porque o deixaron seco, na outra.
🦆🐦Estamos de estrea!🦉🦅 Xa podedes consultar a nova ferramenta da nosa páxina web para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas.
https://t.co/tuVQYfyo4E