¡'Amuleto', xa dispoñible en Spotify!
Reserva a túa copia en vinilo escribindo a [email protected]
🎧https://t.co/WoWqEWWce1
E recorda que nunha semana @grampoder o presentan en Santiago D.C.
📆Venres 3 de maio
⌛️22:00
📍Sala @SonarDirecto
🎟️Entradas en @AReixaTenda
💸10€
Sei que mañá chove, que en Santiago non hai quen aparque e que a avoa fuma, pero faríame ilusión que fósedes ás 12:30 polo pub Medusa para a presentación do libro "Memorias de un suicida" con Ángel Cobos (autor) e Roi Fernández (editor), con @Margatojo.
O mellor que lin este ano.
Convidámosvos á presentación/vermú este sábado do libro "Memorias de un suicida (un ensayo sobre el dolor)", de Ángel Cobos.
Con @Margatojo, a nosa música incidental con lectura en directo do autor e petisco cortesía do editor.
📆Sáb. 26/10
⏰12:30
📍Café Medusa, Santiago D.C.
Un pouco máis cerca da Velvet Underground...
Estades convidados o próximo sábado á presentación do libro "Memorias de un suicida: un ensayo sobre el dolor" de Ángel Cobos, na que poremos a música incidental. Coa gran @Margatojo!
📆Sábado 26/10
⏰12:30
📍Café Medusa, Santiago D.C.
Presentación-vermú do libro "Memorias de un suicida (un ensayo sobre el dolor), de Ángel Cobos. Acompañaremos ao autor @Margatojo e máis servidores (poñendo a música incidental ao recitado de varios capítulos).
Na Medusa de Santiago DC, o sábado 26 ás 12:30.
Veñan facer gasto.
Estes días o gran Bernardo Penabade entrevistounos para 'Grandes Vozes do Nosso Mundo'. Sobre o punk, a movida de Burela nos noventa e o noso 'Amuleto'... unha conversa ben xeitosa!
Grazas!
https://t.co/5Ja6MtLTik
❤️🔥Reseña de 'Amuleto' en @abretedeorellas .
Grazas, Pepe!!!
Recorda que podes encargar copias do disco escribindo a [email protected] ou cun DM.
https://t.co/uOLVZjT7pl
#Música | 🎸🥁 "Facer cancións é o noso amuleto contra todo o malo"
@grampoder preséntannos 'Amuleto', o seu terceiro disco longo: "Sempre estivemos na periferia e iso dános moita liberdade" https://t.co/Xhd7bxphaj
Temos á venda aínda copias de 'Amuleto' en formato 12’ en vinilo de 180 g.
Faite con un en [email protected] ou enviando un DM.
Que logo non quedan e choramos.
Máis alá de que o autor nos queira ben (grazas, Xurxo), esta crónica dun mes de concertos en Compostela dá a medida da boa forma na que está a escena na cidade.
https://t.co/SUvFC5CyX9
Coa nosa proverbial axilidade nas redes, compartimos esta preciosa reseña que fai Noel Feáns @regueifeiro para @prazapublica do noso "Amuleto".
Grazas!
https://t.co/8BTb7m03q6
Aínda co éxtase das presentacións, no corpo esa pátina feita de suor propio e alleo, olor a roupa mollada (quíxonos dicir algo o universo con esa maneira de chover?) agradecidos, resacosos, cansos e felices. Canto cariño, que efémero e que bonito todo. Moitas gracias. ❤️🔥