Asistimos á inauguración da 37ª edición do Salón Gourmets apoiando ás empresas agroalimentarias galegas participantes no principal evento de Alimentación e Bebidas de calidade en Europa.
Ata o 25 de abril Galicia contará cun stand no que difundir as nosas #ExperienciasDeCalidade
🍇 Entregamos enxertos de vide aos viveiros galegos para afondar na mellora xenética da vide
➡️ Variedades como o Albariño, o Caíño Tinto ou o Espadeiro
ℹ️ https://t.co/01X70RwzpL
A orixe dos produtos agroalimentarios é un dos principais valores engadidos do sector primario da nosa comunidade.
Así o puxemos de relevo no #GaliciaMarketPlace
🍷 Galicia promocionará a calidade diferenciada dos seus produtos alimentarios da man de preto de 60 empresas no Salón Gourmets de Madrid
➡️ Ademais tamén haberá actividades, como demostracións de cociña e catas comentadas
ℹ️ https://t.co/0VuPQW1pl2
Esta mañá tiven a oportunidade de presenciar a apertura do segundo módulo de formación sobre cultivo da pataca de calidade no concello de Coristanco.
Entre os temas, abordarase tanto a produción de pataca como o regulamento técnico de certificación da pataca de semente
Con virtudes e defectos, con acertos e con erros. Non atoparedes en min artificios ou disfraces.
Son o pai de Beatriz e Marta. O fillo de José Antonio e Lola. Galego coma vós.
Hoxe tomo posesión como o primeiro servidor de Galicia. Todo un orgullo 💙
Hoxe dámoslle a benvida a Galicia a @interecoweb que, xunto co @CRAEGA, son anfitrións nesta xornada sobre #greenwashing.
É fundamental apostar por estreitar lazos e avanzar en conxunto nas políticas sobre produción ecolóxica de calidade, fóra e dentro da nosa comunidade
O talento entre fogóns de Begoña era merecedor deste recoñecemento: unha cociñeira, agora a Mellor Cociñeira Galega de 2024, capaz de levar os sabores da nosa terra a novas alturas.
Parabéns e grazas a partes iguais, Begoña! 😊
🐄 A Axencia Galega da Calidade Alimentaria iniciou 16 proxectos europeos en 5 anos, ligados a sectores clave para o noso rural, como o lácteo, cárnico, forestal ou o do viño
➡️ Destináronse un total de 131 M€
ℹ️ https://t.co/SHP0TVBD3T
Coa campaña #ComeLocal promocionamos os productos de proximidade con selo diferenciado e fomentamos o seu consumo nos centros educativos.
Así o puxemos de relevo esta mañá na mesa redonda "Comer ben en comedores colectivos sostibles", celebrada no @GaliciaForum
A investigación é unha liña fundamental en favor do desenvolvemento rural.
Nestes últimos anos, a @Xunta ten participado en 16 proxectos europeos vinculados a sectores clave, cun investimento global de 131 M€ con perspectiva de retorno asegurada ⤵️ https://t.co/f9VeU6Ja2J
O @GaliciaForum é bo exemplo da calidade que hai na nosa terra.
Hoxe inauguramos o maior evento gastronómico do norte do país destacando a excelencia dos produtos agroalimentarios e a riqueza culinaria da nosa terra, o que reflexa o compromiso da @Xunta a favor deste sector
Hoxe asístín á XXVIII Festa do Queixo de @SanSimondaCosta, onde recordei o compromiso da @Xunta cos produtos galegos de calidade na súa aposta pola promoción.
Este ano destinaremos 9,5 M€ á promoción dos alimentos de calidade diferenciada #ExperienciasDeCalidade
Facer este xesto ♾️ no #DíaMundialAutismo é importante para construír unha sociedade inclusiva coas persoas con TEA.
Desde a @Xunta traballamos con axudas directas a entidades fundamentais como @AutismoGalicia para apoiar as 27.000 persoas diagnosticadas. #AutismoCercaDeTi
Achegámonos á Feira do Viño de #Quiroga para enxalzar a calidade do noso sector vitícola, en especial, dos caldos da @ribeirasacrado.
Apoiamos a labor deste e dos demais consellos reguladores galegos con partidas en favor do seu correcto funcionamento dotadas con 600.000 euros
Como xa anunciamos, volveremos estar presentes no @GaliciaForum cunha trintena de empresas amparadas por selos de calidade diferenciada.
Patrocinando unha chea de actividades coa nosa particular #gastroxplosion de calidade, poñendo de relevo as nosas producións. Tic, tac... ⏳
Aproveitamos para anunciar que, no seo do Plan de promoción, poremos en marcha sendas campañas de promoción do selo #ArtesaníaAlimentaria e maila Indicación Xeográfica @MeldeGalicia.
Un compromiso con estas producións que levará aparellado un investimento de 450.000 euros
A calidade diferenciada é un paraugas baixo o que promocionamos e protexemos as nosas producións máis xenuinas.
Á do requeixo das Neves co mel de Galicia é unha historia certamente xenuina, cuxas producións tamén están convidadas a formar parte das nosas #ExperienciasDeCalidade
Hoxe visitamos @Orballo_eco para amosar o noso compromiso coas empresas agroalimentarias que apostan pola dinamización rural de xeito sostible.
Materializamos este apoio en axudas por valor de 2,5 M€ para a execución de proxectos no seo do Foro de Innovación Produtiva
#DOG 🗣️ Destinamos 339.000 euros en axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.
Tamén apostamos pola incorporación de novos agricultores a réximes de calidade, para o cal poñemos en marcha outra liña de axudas máis por valor de 279.000 euros