CARTAZ COMPLETO DO FESTIVAL #MARÉ 2025 🌊
Máis de 30 artistas, talleres, poesía, artesanía, showcases, comedia, danza e moito máis🎶🤭
📅Do 24 ao 28 de setembro en Santiago de Compostela
▶️Toda a info e entradas dispoñibles en https://t.co/tBXIK8IRen
🌊Onte despedimos a edición 2025, pero volveremos no 2026 con:
* Máis concertos
*Actividades para todas
*Festival inclusivo e sostible
*Unha cidade vibrando coa cultura
🙏Grazas a público, artistas, equipa, entidades colaboradoras e patrocinadores por facer posible esta viaxe
🌊Houbo bailes da Maré na Praza de Mazarelos, o Teatro Principal, a Sala Capitol ou o Riquela con artistas como Bombino, @juditneddermann , @maestro_espada ou @el_buho_B
🌊Mañá ás 12h na Igrexa da Universidade estará @xatouri acompañado de Vero Rilo, Sara Porto e Leti do Morrazo celebrando, de balde, á oralidade galega.
Vinde escoitar as súas historias en Versos da Maré!
Un espectáculo visceral e sen etiquetas: Pablo und Destruktion mestura chanson francesa, rock industrial, cantiga asturiana e poesía en directo.
Corre, que aínda podes coller entrada! En https://t.co/SGkZGVSlWQ
🌊 Maestro Espada no Teatro Principal!
Hoxe ás 19:30h
O dúo murciano Maestro Espada chega a Compostela para reinterpretar o folclore, ofrecen un directo que é unha viaxe polas raíces e o futuro da música popular.
Colle a túa entrada en: https://t.co/SGkZGVSlWQ
🌊Grazas a todas as que enchestes a @salacapitol na inauguración.
Isto non fixo máis que comezar: veñen días de música e descubrimentos! 💙
Consulta toda a pogramación na nosa web: https://t.co/SGkZGVSlWQ
🎥: Javier González Sobrado
🌊Prepárate para unha noite única coa enerxía do blues do deserto!
O guitarrista e cantante tuareg @bombino.official chega ao Maré cunha viaxe sonora que conecta o Sahara co mundo enteiro.
26 de setembro ás 21:30h na @salacapitol
Esta tarde temos unha cita con de Clara Cantore, baixista, compositora e cantautora arxentina que fai do baixo un instrumento protagonista, reinterpretando a música de raíz latinoamericana.
Ás 20:30h no @pubmodusvivendi
Colle a túa entrada en https://t.co/SGkZGVSlWQ
🌊Hoxe en Maré!
Un concerto no que música e ilustración se atopan en directo: Kevin Johansen trae as súas cancións mentres que Liniers dá vida ao escenario cos seus debuxos en tempo real.
Estará ademais precedido polo espectáculo íntimo e interdisciplinar de Sofía Espiñeira.
🌎✨ Mañá comeza o ciclo de Voces Latinas no CSC Maruxa e Coralia!
🎶 Durante tres días, este espazo converterase nun punto de encontro coa mellor música latinoamericana
📌 Entrada libre ata completar aforo