Informamos aos nosos seguidores de que esta conta deixará de usarse nas próximas semanas. Poden seguir as nosas novidades en https://t.co/clCN9m7Q8G
ou https://t.co/BtoW0QXote
Ou no X de @OPP20AIlla
|OPP20OFICIO
💙 No Día Mundial dos Océanos, seguimos aprendendo a coidar o mar. A pasada semana, alumnado do CEIP Torre Illa coñeceu as labores de limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros. A próxima semana máis 🦪
#OFICIO#DíaMundialDosOcéanos#EducaciónMariñeira
🦪🌊 Unha semana máis, a Lonxa do Xufre segue ofrecendo produto local e de tempada.
Produto do mar, proximidade e trazabilidade para seguir poñendo en valor o traballo das persoas do mar 💙
|OPP20TRAZABILIDADE #Trazabilidade#LonxaDoXufre#ProdutoLocal#AIllaDeArousa
|OPP20PROMOCIÓN
👩🍳🦪 Pechamos os talleres infantís de cociña mariñeira desta edición co alumnado de 6º de Primaria do CEIP Torre Illa: dous grupos de 16 e 17 alumnos-as.
Achegando á cativada o valor do marisqueo, a alimentación saudable e a cultura mariñeira 🌊
#promocion
|OPP20TRAZABILIDADE 🦪 Esta semana non haberá bivalvos na lonxa da Arousa polo peche temporal do marisqueo por toxina. Pero si camarón e algas, especies ás que estas toxinas non afectan. Coñecer a orixe e control do produto tamén é trazabilidade 🌊
#MariscoDeAIlla#Trazabilidade
|OPP20OFICIO
🌊🦪 En 2026 a OPP20 continúa coas actividades MAR E ILLA para a posta en valor do oficio.
📍 Aula “O Canto do Mar”
📍 Talleres a pé de praia
📍 Roteiros guiados polo oficio marisqueiro
Descubre as opcións e contacta con nós para saber máis 💙
#Oficio#MarEIlla
🌊🦪 |OPP20OFICIO
Onte 33 cativos/as participaron nos talleres a pé de praia da OPP20.
👣 Formas de marisqueo a pé
🐚 Identificación de especies
📏 Cupos e tamaños mínimos
🔎 Medición de cunchas
A xornada completouse con talleres de cociña mariñeira 💙
#Marisqueo#Oficio
👩🍳🌊 Continúan os Talleres de Cociña Infantís co CEIP Torre Illa.
Onte participaron 31 alumnos/as de 4º de primaria traballando con: 🦪 Ameixa rubia 🌿 Wakame 🥗 Leituga de mar
Achegando o produto mariñeiro local ás novas xeracións 💙
|OPP20PROMOCIÓN #CociñaMariñeira
🌊🦪 |OPP20OFICIO
O xoves, 31 alumnos/as de 4º de primaria do CEIP Torre Illa participaron nas actividades a pé de praia da OPP20.
Aprendendo a coidar o mar desde a praia 💙
#OFICIO#Marisqueo#AIlladeArousa
🌊🦪 |OPP20TRAZABILIDADE
Que hai esta semana na lonxa?
🦪 Ameixa fina, babosa, rubia e xaponesa
🐚 Berberecho, carneiro e reló
🦐 Camarón
🌿 Wakame, kombu, leituga de mar e correa
Produto con orixe e trazabilidade garantida 💙
#TRAZABILIDADE#MariscoDeAIlla#AIlladeArousa
🌊👣 |OPP20OFICIO
Alumnado de 3º de primaria do CEIP Torre Illa participaron onte nas actividades a pé de praia da OPP20
Coñeceron os bancos marisqueiros, identificaron especies e aprenderon a importancia de respectar tamaños e tempos do mar💙
#OFICIO#Marisqueo#AIlladeArousa
🌊 Onte, 12 de maio, o alumnado de 1º de primaria do CEIP Torre Illa participou tamén nas actividades de |OPP20OFICIO
34 nenos-as coñeceron útiles do marisqueo, especies mariñas e parte do traballo diario das mariscadoras e mariscadores da Illa de Arousa 🦪🧺
#OFICIO#Marisqueo
🐚 Onte, os Talleres de Cociña Infantís de |OPP20PROMOCIÓN chegaron ao alumnado de 1º de prim do CEIP Torre Illa
34 rapaces-as participaron nunha nova xornada para descubrir o marisco e as algas da Illa de Arousa a través da cociña e do xogo 🌊👩🍳
#OPP20PROMOCIÓN#MariscoDeAIlla
👩🍳🌊 |OPP20PROMOCIÓN
Onte, 11 de maio, participaron 36 rapaces e rapazas de 3º de primaria do CEIP Torre Illa nos Talleres de Cociña Infantís 2026 da OPP20.
Dous grupos para seguir achegando o produto mariñeiro local ás novas xeracións 💙
#PROMOCIÓN#OPP20#MariscoDeAIlla
|OPP20PROMOCIÓN
👩🍳🌊 Comezan os talleres de cociña infantís 2026 co CEIP Torre Illa.
Hoxe participaron 33 alumnos-as de 2º de primaria:
🍪 Galletas con wakame
🥗 Aperitivos con leituga de mar
🦪 Entrantes con ameixa rubia sobre galletas mariñeiras
#Promoción#MariscoDeAIlla
🔎 |OPP20TRAZABILIDADE
Saibamos un pouco máis sobre o camarón (Palaemon serratus) 🦐, unha especie clave na actividade da lonxa do Xufre.
Coñecer o ciclo biolóxico das especies tamén forma parte da trazabilidade.
#opp20#marisco#AIlladeArousa#lonxadoxufre#trazabilidade
🔎 |OPP20TRAZABILIDADE
O valor do marisco non se entende sen o traballo que hai detrás.
Cada produto que chega á lonxa é o resultado dun proceso no que interveñen profesionais do mar e da terra.
#DiaDoTraballador#opp20#trazabilidade#mariscoealgasdeailla