A centola é un dos grandes tesouros do noso mar. Hoxe en Ribeira acompañei aos profesionais que fan posible que chegue ás nosas mesas.
Unha actividade que forma parte da tradición mariñeira e da identidade de Galicia
Ángeles e David, deséxovos moitos éxitos nesta nova etapa profesional. Sei que asumides o reto garantindo traballo, esforzo e dedicación.
Seguiremos xuntos ao servizo do mar de Galicia, velando pola sostibilidade da nosa pesca, marisqueo e acuicultura
Reuninme coa nova directora do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, Elsa Vázquez, para coñecer os seus proxectos e liñas de traballo
Abordamos posibles vías de colaboración en investigación mariña e sustentabilidade dos recursos
Comeza a campaña da centola e do boi, dúas especies de especial interese para a nosa frota artesanal
A actividade desenvólvese baixo un plan de xestión que busca protexer os ciclos reprodutivos, favorecer a renovación dos recursos e garantir a sustentabilidade da súa explotación
Da promoción dos produtos galegos no Gastronòmic Fórum de Barcelona ás XXX Xornadas Técnicas de Celeiro ou á descarga de volandeira en Cambados.
Unha semana de traballo para impulsar a nosa pesca, defender os seus intereses e seguir construíndo futuro para o mar de Galicia
Que boas sensacións atopei no inicio da campaña da volandeira en Cambados, onde os barcos chegan cos topes de captura e cun produto de excelente calidade.
Un recurso singular do noso marisqueo, de gran valor para a conserva, a venda en fresco e a restauración
Hai citas que non poden faltar no calendario do sector pesqueiro e as Xornadas Técnicas de Celeiro son unha delas.
Na XXX edición, que inaugurei hoxe, abórdanse asuntos tan importantes como os retos para a nosa frota, as restricións á pesca de fondo e o futuro da PPC
Defendín no Parlamento que se exclúa o atún en conserva das negociacións de libre comercio entre a UE e Tailandia.
Esiximos cláusulas espello e igualdade de condicións para protexer o emprego de milleiros de familias na costa galega. O noso sector non pode ser moeda de cambio!
⛵ A @Xunta e as academias de ensinanza náutica de recreo estudan melloras na xestión e na planificación de exames de cara a 2027
👉🏻 Avanzamos na axilización e simplificación de trámites para facilitar o acceso ás titulacións náuticas en Galicia
Visitei as instalacións de @OPercebeiro en Marín para coñecer o seu proceso de clasificación, distribución e posta en valor do noso peixe e marisco.
Un exemplo de modernización e bo aproveitamento dos fondos europeos para levar a excelencia do mar galego a calquera recuncho
Reuninme cos representantes galegos nos Consellos Consultivos da UE para reforzar a defensa do noso sector pesqueiro en Bruxelas.
Entre as prioridades está a reciprocidade comercial fronte a importacións de terceiros países e melloras na frota para facilitar a remuda xeracional
Conservar e rexenerar especies autóctonas como o polbo, o choco ou a lura son unha prioridade para nós.
Por iso, asinamos un convenio con Octolarvae, do grupo Profand, para a recuperación e investigación científica de postas de cefalópodos incautadas por Gardacostas de Galicia
Recibín a unha representación de Gardacostas de Galicia tras a súa brillante participación nos XI Xogos Europeos de Policía e Bombeiros, que se celebraron en Vigo e onde colleitaron un bo feixe de medallas.
Parabéns por levar o nome de Galicia ao máis alto, dentro e fóra do mar!
Do mar á mesa cada prato conta unha historia e neste caso co peixe espada e a quenlla como protagonistas.
Na clausura da campaña ‘Peregrinos del Mar’ de Interfish-España compartimos un encontro entre o sector pesqueiro, a gastronomía e a tradición xacobea
⚓️ Portos de Galicia recupera a plena operatividade do sistema automático da comporta de Malpica
👉🏻 Tras o traballo dun equipo de mergulladores para retirar obstáculos no fondo mariño, a infraestrutura volve funcionar con normalidade para garantir o abrigo da frota pesqueira
Nova sementeira de ameixa babosa en Barallobre para contribuír a recuperar o marisqueo na ría de Ferrol
A través dun convenio de 1,33 M€, rexeneramos 468.000 m² de bancos e introduciremos 7 millóns de unidades ata 2027 para blindar o futuro do sector
🌍 O director xeral de Pesca, Isaac Rosón, destacou en Exporpymes a vocación exterior da nosa cadea mar-industria
🐟 Galicia lidera máis da metade das exportacións pesqueiras de España e o 75 % en conservas, abrindo mercados e xerando emprego nas nosas vilas
Galicia trouxo unha mensaxe clara a Luxemburgo: estabilidade nas cotas pesqueiras e que os recortes no Báltico non se estendan ao Atlántico
Tamén pedín unha posición firme da UE para o atún no ICCAT e prazos realistas para as novas medidas de control aplicables á frota artesanal
Presentei no Parlamento de Galicia os #Orzamentos2027. Son 234,8 M€ para seguir recuperando o marisqueo, modernizando a frota e a acuicultura e reforzando a investigación e a formación.
Son unhas contas realistas, valentes e executables pensadas nas necesidades do noso sector
As actuacións nos portos autonómicos inclúen a modernización de lonxas e instalacións pesqueiras, a renovación de pavimentos e avances na eficiencia enerxética e na dixitalización
O obxectivo é mellorar os servizos que utiliza diariamente o sector do mar
#Orzamentos2027