Tres centros interactivos de ciencia na Coruña ➡️ CasaCiencias, Domus, Aquarium Finisterrae. 📣 Prohibido non tocar, prohibido non pensar, prohibido non soñar.
🪸O Aquarium Finisterrae colabora en proxectos de investigación científica, realizando achegas non só de carácter biolóxico, senón tamén innovacións tecnolóxicas, como é o caso dun sistema de fotografía desenvolvido para o estudo da resposta dos corais ante os cambios ambientais.
Os ourizos de mar poden moverse, aínda que moi lentamente, coa axuda das súas espiñas e dunhas estruturas chamadas pés ambulacrais, que funcionan como unha especie de sistema hidráulico.
#aquariumfinisterrae🦈🦀🐙#coruna
🕰️Luns a domingos de 10 a 19 h (último acceso ás 18 h)
🌕 30 de maio, último sábado de mes, dobre sesión especial de planetario na Casa das Ciencias:
• 11.30 h: O ceo para informados + Postal planetaria de @borjatosar (maiores 14 anos)
• 13.00 h. O ceo do mes (maiores de 10 anos)
🔗 https://t.co/ZMDzX3RP6g
📹 Compartimos un resumo do Día da Ciencia na Rúa 2026, que celebrou a súa 30 edición. Unha xornada chea de ciencia e diversión aberta a toda a cidadanía 🙌
Moitas grazas a todas as persoas participantes!! 💚💚💚
Organizado con @amigoscc e Cátedra Emalcsa-UDC
🔔 Última semana para a presentación de traballos aos premios Prismas á Divulgación Científica 2026
O prazo finaliza o 1 de xuño nas 8 modalidades convocadas.
Toda a información e bases ➡ https://t.co/xLxq1jG2HT
🪸 Hoxe, 22 de maio, é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, e con ese motivo o Aquarium Finisterrae realiza unha visita guiada temática para coñecer a variedade de especies que se manteñen nas súas instalacións.
Máis info ➡ https://t.co/ucgsS2g7nN
☀️🌑Faltan tres meses para el eclipse de agosto y hoy nos preguntamos: ¿por qué no hay eclipses todos los meses?
✍️Investigadoras de @UA_Universidad explican en este artículo las ideas erróneas más comunes y cómo desmontarlas dentro y fuera del aula
https://t.co/jLsvqnjHqx
🪼 O venres 22 de maio, con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, haberá unha visita guiada temática no Aquarium Finisterrae para aprender sobre biodiversidade e a variedade de especies que se manteñen nas súas instalacións.
Máis info ➡ https://t.co/ucgsS2g7nN
Os @mc2coruna celebran o 23 MAIO o DÍA DOS MUSEOS 2026 con xornada de portas abertas.
Con reserva de entrada previa para visitar o Aquarium Finisterrae, asistir ás sesións de Planetario, e acceder ao espazo MiniDomus
Toda a info ➡ https://t.co/uVqh5ZFOm2
☀️ Descubre os aspectos científicos, culturais e sociais relacionados coas eclipses de sol na exposición instalada no exterior da Casa das Ciencias da Coruña, con información, imaxes e infografías para coñecer este excepcional evento astronómico.
Máis ➡ https://t.co/YTg85Vx6Hz
📢 Os @mc2coruna celebran o 23 MAIO o DÍA DOS MUSEOS 2026 con xornada de portas abertas.
Require reserva de entrada previa para visitar o Aquarium Finisterrae, asistir ás sesións de Planetario, e acceder ao espazo MiniDomus
Toda a información ⬇️ https://t.co/T4yLMs6U2z
🔔 Mellor traballo en Vídeo, Novos medios, Artigo xornalístico, Radio, Proxecto singular, Libro editado, Proxecto sobre a auga no medio urbano e Prisma Especial Xurado, as 8 modalidades convocadas nos premios Prismas á Divulgación 2026
Bases e prazos ➡️https://t.co/ORVFvY7Aed
Rematamos este Día da Ciencia na Rúa!
Un aplauso grande para todos os científicos e científicas dos centros educativos e entidades de investigación participantes polas súas magníficas actividades 👏👏
MOITAS GRAZAS!!
Organizado con @amigoscc e @CatEmalcsaUdc
🎉 Xa está aquí o DÍA DA CIENCIA NA RÚA!! #DCR2026#cienciarua2026
Hoxe 9 maio, de 11 a 19 h, no xardín de Méndez Núñez da Coruña, centos de experiencias e actividades.
Tamén actividades nos soportais da Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita
➡ https://t.co/BUlnAhj4LI
Xa non queda nada para o Día da Ciencia na Rúa!
📆 Este sábado, 9 de maio, estaremos nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, de 11 a 19 h.
👉 Descubre todos os centros participantes e o programa de actividades➡ https://t.co/BUlnAhj4LI
Organizado con @amigoscc e @CatEmalcsaUdc
🔔 «Aventura coas focas», novas sesións para maio e xuño de 2026. Actividade dirixida a persoas maiores de 7 anos. Info ➡ https://t.co/3mRtseEdbn
🎟 Reserva de entradas, a partir do luns 11 de maio ás 9 horas ➡ https://t.co/8pd0BUc79Z
📢 O sábado 9 maio os @mc2coruna terán entrada gratuíta con motivo do Día da Ciencia na Rúa.
🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae, acceder ao espazo MiniDomus e asistir a unha sesión de planetario hai que reservar entradas.
Toda a info e reservas ➡ https://t.co/IPZtOkjum5
💥 Conta atrás para o Día da Ciencia na Rúa 2026! Unha xornada de ciencia e diversión con centos de experiencias e actividades da man de escolares, científicos e científicas ➡️ https://t.co/mOCcfEDAu1
📅 Sábado, 9 de maio, de 11 a 19 h
📍 Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña