🍷 #SORTEO 🍷 GAÑA unha escapada para dúas persoas ao @17ribeirasacra 😍: abono dobre para o festival, unha noite para 2 persoas no Parador de Monforte de Lemos e unha experiencia en catamarán.
Para participar:
🟧 Sigue a @gadis🧡
🟧 Fai repost deste chío.
Participa ata o 5 de xullo. Bases na ligazón da bio 🔗
Hai séculos, unha muller ergueuse cando todo parecía perdido. ⚔️
Non deu un paso atrás. Non baixou a cabeza. Non deixou de loitar.
Hoxe, a súa mirada segue vixiante sobre a cidade.
E A Coruña volve ter unha batalla por diante.
Non con espadas. Non con canóns.
Co corazón. Co orgullo. Co verde no peito.
Porque hai partidos que son moito máis que un partido. Hai noites nas que unha cidade enteira empurra.
Queremos un Palacio vestido de verde. Queremos sentir a vosa forza en cada bancada. Queremos que Riazor volva ser un muro imposible de derrubar.
A final comeza na casa.
E igual que fixo María Pita, afrontámola xuntos, sen dar un paso atrás.
Que se escoite en cada recuncho do Palacio.
💚 Imos Liceo.
🟢#DEVERDEAOPALACIO
#HCLiceo #OKLiga #ImosLiceo #ACoruña