Hoxe no programa O Futuro é Hoxe, con Modepen, coñecemos a revista que vén de ser editada coa información das residencias privadas e públicas e centros de día que hai en Vigo.
Con Alfredo Hernández, Antonio Pasarín e Manuel Martínez Tato.
▶ https://t.co/fb9qsU2M5f
2026-05-21 RMT - Novo programa O Futuro é Hoxe, con Modepen, onde Alfredo Hernández, Eloy Delgado e Manuel Martínez Tato analizaron a situación internacional dende o seu punto de vista, coas posibles consecuencias en España e Galicia.
https://t.co/l9FOsdvX1H
Charla Informativa: A Dependencia e a Discapacidade no Val Miñor e na Galiza
22 de Maio de 2026, as 20:00 h.
no Auditorio Municipal (Praza do Concello, s/n)
NIGRAN
07-05-2026 RMT - Modepen - Hoxe retomamos o noso programa O Futuro é Hoxe, con MODEPEN - Modepen - , onde conversamos con Alfredo Hernández, Eloy Delgado e Manuel Martínez Tato sobre a situación a nivel mundial e os seus efectos sociais en Europa e España. https://t.co/wA5g6B2MZc
Cangas: Concentración na Defensa das Pensións Públicas e contra a sua Privatización, o día 15 de Maio, as 20:00 h. diante do Concello de Cangas.
https://t.co/SvdZP2SHpB
"A comida é máis ca alimento: é saúde, dignidade e agarimo. Desde ASGADeD loitamos por menús adaptados, seguros e saborosos, onde cada cullerada coida corpo e alma. Comer ben é un dereito, non un luxo."
#ASGADeD#CampañaAlimentaciónResidencias#AlimentaciónDigna
Para manterse informado das próximas convocatorias e mobilizacións de MODEPEN, visita a nosa AXENDA, ver na ligazón: https://t.co/MzqxbgoSBL
Por favor, compartir estas ligazóns para facelas virales.
A alimentación nas residencias volve estar no punto de mira. Diversas novas en prensa escrita denuncian menús pouco equilibrados e carencias nutricionais. Garantir unha alimentación digna e saudable é clave para o benestar das persoas maiores. É responsabilidade de todos.
"Texturas, pracer e dignidade: a alimentación adaptada non renuncia ao sabor nin á estética. Cada prato debe coidar a saúde, estimular o apetito e respectar a autonomía das persoas maiores."
"A desnutrición invisible pasa desapercibida, pero erosiona corpo e mente. Perder peso, forza ou apetito son sinais. Vixiar e nutrir a tempo protexe saúde e autonomía."
#ASGADeD#DependenciaGalicia#DiscapacidadeGalicia #ServizosSociaisPúblicos#CampañaAlimentaciónResidencias