🟦 A deputada de Cultura asistiu esta mañá, a canda o alcalde, Manuel Muíño, á presentación do cartel, que, o 7 e 8 de agosto, terá como protagonistas a Alana, Baiuca, David Pasquet, El Nido e Fillas de Casandra, entre outros.
🗣️ Natividade González: «É un orgullo para a Deputación da Coruña colaborar economicamente coa Festa da Carballeira de Zas e camiñar da man da organización para tecer redes e crear unha riqueza cultural que xa é referente para todo o Estado».
#FestaDaCarballeira2026
🗣️ Natividade González: «Coas xornadas, centradas nesta edición na relación entre cultura e mocidade, queremos mellorar a calidade do servizo cultural público que ofrecemos á cidadanía, partindo da idea de que a cultura é un traballo compartido».
🟦 Natividade González participou, hoxe no Teatro Colón, na homenaxe da Deputación da Coruña ao grupo teatral Tespis, «referente da creación e da renovación das artes escénicas galegas durante décadas», segundo a responsable provincial de Cultura.
🗣️ González salientou o carácter «colectivo e transformador da experiencia de Tespis: unha traxectoria colectiva que deixou pegada na nosa cultura e ofreceu un espazo onde compartir e onde construír comunidade».
#aculturaéundereito#CulturaDeputaciónCoruña#Tespis#TeatroGalego
🗣️ A deputada do BNG puxo en valor tamén o papel do teatro como ferramenta social e cultural, «unha linguaxe capaz de emocionarnos, de achegarnos, de ilusionarnos, así coma unha ferramenta que xera aprendizaxe, que estimula as nosas miradas e que deixa pegada nas nosas vidas».
🗣️ Natividade González: «As xornadas da Rede Cultural son moito máis ca un encontro puntual, xa que funcionan como espazos de traballo moi achegados á realidade, cun carácter práctico, pero tamén reflexivo, nos que se combina a formación co intercambio de ideas».
🗣️ «Tespis», sinalou González, «é un nome fundamental da nosa historia escénica, referente da creación teatral en Galiza durante décadas, cunha traxectoria pioneira, comprometida e profundamente valiosa para a cultura do país».
🟦 Entre as propostas, o BNG pide reducir a carga burocrática do diario electrónico, recuperar sistemas simplificados de pesado para capturas de pequeno volume e eliminar ou flexibilizar a comunicación previa de chegada a porto.
ℹ️ https://t.co/Tpo77OJfzE
🌀 Con Sol Agra, Natividade González e Xosé Penas, pola homenaxe a Castelao no Paseo da Ribeira, de Rianxo, onde os caraveis de toda a militancia lembraron a vixencia do pensamento político da figura central do nacionalismo galego.
#CastelaoSempre
🗣️ Natividade González: «En Cultura da Deputación apostamos por políticas culturais de proximidade, que sitúan o territorio e a cidadanía no centro da acción pública».
🟦 A deputada do BNG participou hoxe en Ribeira na inauguración da obra ‘Relatos do habitado’, de Rosa García.
🟦 Acompañamos a Natividade González á homenaxe polo 76º cabodano de Castelao, acto no que houbo unha numerosa representación do BNG e que a deputada de Cultura compartiu con Goretti Sanmartín, Pilar Lueiro, Saleta Chao, Mercedes Queixas, Elvira Cienfuegos ou Suso Veiga Buxán.
🟦 @naticouceiro lémbravos as convocatorias da Rede Cultural, das Resisidencias Mariñán e dalgúns dos certames literarios, artísticos e musicais que organiza o departamento provincial de Cultura e que xa abriron, ou van abrir nos vindeiros días, o prazo de admisión.
🗣️ González: «No departamento provincial de Cultura sentimos case como unha obriga colaborar para facer posíbel unha edición que estivese, como é caso, á altura de Castelao: artista, político e referente imprescindíbel da memoria colectiva do país».
🟦 Fíxoo na apertura dunha nova edición das xornadas 'A cultura é un dereito', nun encontro organizado polo departamento que dirixe a deputada do BNG, en colaboración con EspazoCoop e coas cooperativas integradas en Coceta.
🛍️ Este xoves, a nosa concelleira e veciña do Milladoiro, @naticouceiro, levará ao pleno unha moción para apoiar ao comercio afectado polas obras da N-550. O Milladoiro necesita respostas xa.
🟦 A deputada do BNG acompañou onte a Ismael Ramos, a Andrea Fernández Plata e a Susana Pedreira na nova edición do ciclo que o departamento de Cultura da Deputación organiza no marco do Premio Torrente Ballester de Narrativa».
🗣️ Natividade González: «Kamal Aljafari é un cineasta valente neste tempo de cómplice e global indiferenza por Palestina».
🟦 A titular de Cultura entregoulle ao realizador palestino o Premio Cineuropa 2025, nun acto que se celebrou hoxe no Teatro Principal, de Santiago.