Qué sepades que xa estamos a planexar as próximas Noites con Chispa, así que se queredes falar de calquera cousa que vos interese, preocupe ou apaixoe, escribide a [email protected]
Quédannos cousas de onte por publicar. @AlbaAda tamén estivo xenial contando algunhas das súas experiencias. E aquí temos unha foto de familia en @elcercano
Xa quecendo motores para esta tarde adiantamos que @AlbaAda vainos falar sobre a igualdade real. Xornalista deportiva en @futsalcope, ex-xogadora de fútbol, empresaria... sabe moito sobre elo e está a facer unha tese doutoral 😱
Vémonos ás 8.30 pm en @elcercano#noitesconchispa
Entre outras cousas Aislinn Kowalski adícase á poesía, e mañá en #noitesconchispa pode abraiarnos cun monólogo que leva por título «Oda ós inadaptados».
Lembrade 20:30 h., en @elcercano
Fer Rebelo, ademáis de ser bo músico di que nos vai falar sobre os bulos e falacias nas #noitesconchispa do próximo xoves. Xa sabedes 20:30 h. en @elcercano . E non é ningunha leria este chío 😉
Feliz domingo, cómo vos foi o St. Patrick's? Ó choio. Quedan catro días e que será será, de que nos quererán falar estas catro persoas no próximo #NoitesConChispa?.
Empezamos dándovos pistas con Daniele Tommasini, quen seica nos vai debullar cómo funciona á estupidez 😱 🤔😘
Pois nenas e nenos, Noites con Chispa!
Este xoves 22 as 20:30 horas en @elcercano.
Xa sabedes, de balde. 4 contos de 10 minutiños cada un, temas abraiantes e inusuais con xente superentretida e con un gran ambiente, para pasar un bo anaco.
Ola ola caracola!!!!! Imos a pola primeira noite con chispa de 2018 tras a enchenta de festas de nadal e entroido. E temos unha novidade: fixemos unha conta de Instagram!!!!!
Non ten perda, noitesconchispa 😜
Chegou o día. Hoxe ás 20:30 h en @elcercano Lorena Salgado cóntanos cales son as verdadeiras razóns para ser ecoloxista. Vinde coller sitio dez minutiños antes que non se entra #NoitesConChispa
Tan só queda un día para #NoitesConChispa. @nunotecnologias di que seica nos porá a facer o zángano en @elcercano . Preparade o voso mellor zumbido e vide co voso zángano ou rai��a a pasar un anaco entretido. Lembrade, as 20:30 hora local de Ourense.