A xustiza igual para todos. Manda truco.
El CGPJ avala por un solo voto el traslado forzoso de Villares que le apartó de la sala gallega de los eólicos https://t.co/03QcWPPuAs
Fervenza de Teixidelo, na Serra da Capelada, a caída de agua máis alta de #Galicia 72 mt. superando os 70 da Fervenza de A Toxa en #Silleda Auga que cae directamente sobre o mar, na única praia de área negra non volcánica do planeta, San Andrés de Teixido
Obviamente, púxenme a buscar a esta xente. A elas aínda non as atopei, pero si a el, a Baltasar del Río Valle. E alucinei.
Aparece no santuario de Belén, alí en santa Cristina de Fecha, en setembro de 1890. E efectivamente, é algo parecido a "titiriteiro". Pero non o agardades.
O goberno mantén en condicións terceiromundistas a liña A Coruña - Ferrol.
El Gobierno mantiene sin plazos la mejora de la línea de tren entre A Coruña y Ferrol https://t.co/qZojYOygig a través de @laopinioncoruna
Campo da Leña ❤️ Prenderon as bailas, e os pícaros e as avoas cantaron coma nun serán atávico, vestido de tribo fachendosa da herdanza 🙏 Grazas a @acsondaqui polo convite e a partilla, a Mediarea por compartir e a Xurxo Souto pola obertura sempre emocinante e atinada!!
Benvido a Starbucks Deportivo
—Bos días.
—Benvido a Starbucks Deportivo.
—Non… perdón. Eu viña a Riazor.
—É o mesmo.
—Non, creo que non.
—Claro que si. Aquí tamén hai consumo de experiencias. En que podemos axudalo?
—Quería entrar na miña bancada.
—Perfecto. Antes necesito o seu DNI, o carné de socio, a súa localización en tempo real, a aceptación das condicións de uso, a política de privacidade, o consentimento para o tratamento das emocións e unha declaración responsable de boa conduta.
—Das emocións?
—Si, señor.
—Eu só quería ver ao Dépor.
—Aquí xa non se vén só ver ao Dépor. Aquí vense vivir experiencias controladas.
A rapaza sorrí. Non é un sorriso. É un protocolo.
Teclea.
—Vostede leva corenta anos de socio.
—Si.
—Interesante.
—Por?
—Porque pertence a unha xeración que adoita expresar sentimentos de maneira espontánea.
—Claro. Porque isto é fútbol.
—Non exactamente.
—Como que non exactamente?
—Segundo o novo modelo, isto é un espazo de convivencia emocional.
—Antes chamábase estadio.
—Os tempos cambian.
—Xa o vexo.
—Que desexa consumir hoxe?
—Consumir?
—Si. Temos o Pack Animación Básica, o Pack Celebración Moderada e o Pack Experiencia Familiar.
—E se quero facer o que levo facendo toda a miña vida?
A rapaza deixa de sorrir.
—Iso non aparece na carta.
—Quero levantarme cando marque o Dépor.
—Permitido.
—Quero abrazar ao descoñecido que teño ao lado.
—Sempre que non invada o seu espazo persoal.
—Quero cantar.
—Volume moderado.
—Quero protestar se creo que algo está mal.
—Iso depende.
—De que?
—De quen.
—Quero discutir co árbitro.
—Non recomendado.
—Quero dicirlle ao presidente que non estou de acordo.
A pantalla fai un son.
A rapaza mira para min.
—Ese servizo xa non está dispoñible.
—Perdón?
—Está temporalmente suspendido.
—E se non estou conforme?
—Pode cubrir unha enquisa ao rematar a experiencia.
—Experiencia…
Repito a palabra como quen proba un café frío.
Experiencia.
Nunca pensei que un estadio acabaría chamándose así.
Miro ao meu redor.
Todo parece perfecto.
Demasiado perfecto.
As cadeiras están ocupadas por persoas perfectamente colocadas.
Ninguén se adianta.
Ninguén interrompe.
Ninguén discute.
Ninguén desafina.
Ninguén perde a voz.
Ata os silencios parecen programados.
Entón pregunto:
—Onde están os vellos da miña bancada?
—Algúns deixaron de vir.
—E os rapaces que cantaban noventa minutos?
—Algúns tamén.
—E aquel home que choraba cada vez que soaba o himno?
—Non cumpría cos novos estándares da experiencia.
Baixo a cabeza.
Recordo cando Riazor tremía.
Non porque o ordenase ninguén.
Porque nacía.
Recordo o cheiro a tabaco, a cervexa, a bocadillo envolto en papel de aluminio.
Recordo pais levantando fillos para que visen un córner.
Recordo descoñecidos abrazándose como irmáns.
Recordo insultos ao árbitro, aplausos ao rival cando os merecía, discusións infinitas ao saír do estadio.
Recordo un lugar imperfecto.
Precisamente por iso inesquecible.
A rapaza interrompe os meus pensamentos.
—Desexa algo máis?
—Si.
—Dígame.
—Quero recuperar o meu club.
Non responde.
Porque non existe ningún botón para iso.
Só hai botóns para aceptar.
Para continuar.
Para confirmar.
Para consumir.
Saio sen entrar.
Na porta, un cartel enorme despídeme.
“Grazas por formar parte da experiencia.”
Míroo durante uns segundos.
E por primeira vez na miña vida síntome estranxeiro diante do escudo que aprendín a querer de neno.
Porque eu nunca quixen vivir unha experiencia.
Eu só quería seguir indo ao fútbol.
Como facía meu pai.
Como facía meu avó.
Como soñaba facer cos meus fillos.
Pero alguén decidiu que o Deportivo xa non necesitaba afeccionados.
Bastaban clientes.
E foi nese preciso instante cando entendín que o máis perigoso non é perder partidos.
É perder a sensación de que ese escudo tamén che pertence.
Porque un café bébese, págase e esquécese.
Un club non.
Ou polo menos, non debería.
Hay una obsesión que define al fútbol moderno: controlarlo todo.
Controlar quién anima. Qué se canta. Qué se muestra. Cómo se organiza una grada. Quién puede decidir. Quién puede liderar. Quién puede levantar una bandera.
El problema es que la pasión nunca ha entendido de reglamentos.
Las mejores gradas del mundo no fueron diseñadas en una sala de reuniones. Nacieron del orgullo de su gente, del desorden maravilloso que convierte a miles de personas en una sola voz. Y eso no se fabrica. No se dirige. No se administra.
Puedes controlar los bombos. Los megáfonos. Las pancartas. Los accesos. Incluso a las personas.
Lo único que jamás podrás controlar es el sentimiento.
Y el día que intentas hacerlo, dejas de tener una grada. Empiezas a tener un decorado.
#Dépor #Riazor