Co outono volven as #Núbebes!
Serán 4 intensos días (dúas fins de semana) ateigados de propostas arredor das artes escénicas. 5, 6, 12 e 13 de outubro de 2024.
Teremos teatro, música, sesións de contos, a fantástica guerra de almofadas...
O programa de actividades aquí:
Coas emocións aínda moi presentes queremos compartir con vós o video da xornada de onte. Foi fermoso volvernos ver.🥰 Moita grazas por acompañarnos estes días e longa vida ás artes escénicas para bebés e familias! 😍🤩
Ata a próxima edición!
Festival das Núbebes
E así poñémoslle o peche a esta intensa xornada do festival, foi fermoso recontrarnos estes días arredor das artes escénicas para bebés e familias. Pasámolo xenial! Grazas por acudirdes a todas e cada unha das funcións!
🥰 #Núbebes23
Música, contos e guerra de almofadas… este é o noso plan para esta mañanciña de domingo. As funcións continúan pola tarde e as 18.15 h gran clausura con Roque (@BaobabTeatro) e Silforiña (@golfofedellos). Agardámosvos!! #Núbebes23
Que mañá mais chula estamos a vivir ateigada de contos, música e experiencias sensoriais para bebés e familias. “Casa, casiña, casona”, “Coliño” e o concerto de Coán Curiel.
Pola tarde máis funcións en #Núbebes
Monicreques e teatro para crianzas de 0 a 3 anos en #Núbebes23. Hoxe con dúas funcións ás 17.00 e ás 18.00 h no #teatroprincipal de Pontevedra.
“Nube nube sol” de #teatroócubo
#Núbebes23
Este venres volvemos cun fermoso espectáculo de teatro e monicreques.
"As nubes chegan. Chove. Sae o 🌞 A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados dos animais seremos parte da mesma paisaxe
Concerto Silforiña e clausura con Roque
18.15 h
Teatro Principal
Silforiña é o novo espectáculo de Golfiños, un concerto agarimoso e cheo de emocións que combina a música e a narración.
https://t.co/iBrxVT9vue
Vén vivir con nós a última xornada de #Núbebes23!
E o domingo en #Núbebes23!
Pablo Díaz
11.30 e 17.00 h
De 0 a 3 anos
Faremos unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor. Para conseguilo, Pablo usará frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.
Guerra de Almofadas
12.30 h
Público familiar
Teatro Principal
A máis inofensiva e divertida das guerras é esta, a de almofadas! Vén divertirte canda nós ao Teatro Principal e non esquezas traer a túa propia almofada ou coxín.
#Núbebes23 e o sábado virá ateigado de actividade no festival.
"Casa, casiña, casona"🏠
Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... Tamén imos coñecer aos seus habitates...
Concerto de Xoan Curiel
Xoan cantará os temas dos seus recoñecidos discos infantís cos que percorre toda a xeografía galega coa súa *Banda do Verán*. 👉Estamos no verán!!!, A Casa do Terror e Canta miña pedra.
"Nube nube sol" métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, #TeatroóCubo achéganos á maxia dos ciclos da natureza. 📼 https://t.co/gFxyuAjXzq
Entradas: @Ataquilla_com
#Núbebes23
Este venres volvemos cun fermoso espectáculo de teatro e monicreques.
"As nubes chegan. Chove. Sae o 🌞 A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados dos animais seremos parte da mesma paisaxe