desde que Simún saíu do prelo recibín de vós cousas xeniais 👽entre elas estas fotos de @chamanmeMJ 😭 estou moi agradecida de que acollades así este bebé dourado de interior flúor e de que viaxedes canda min 🙈sobre todo de que me compartades o que vós ledes en Simún! #nuriavil
wao non volvín abrir twitter máis, esquecín este fío. en realidade nunca volvín escribir nada que teña que ver con esta novela 🥴
escribín recensións, artigos, un poemario, subvencións, textos para antoloxías, máis poemas. 0 espazo físico e mental para esta historia. unha mágoa
Este mes reservei unha quincena para escribir. Gústame moito ler sobre os procesos de escrita alleos e en especial un fío de Ledicia Costas sobre a última novela.
Como non é o mesmo contalo que vivilo: quero rematar o libro que empecei o verán pasado para que poidades lelo xd
Levo case 10 días sen escribir NADA q teña que ver con este libro. Fixen unha limpeza profunda do piso despois de todo agosto fóra, lin m8, rematei 3 dosieres de propostas e esta semana estou nunha formación intensiva de DANZA 😅 no Salón Teatro.
A este paso non publico na vida
O 5/10 o Centro Xove de Creación Cultural de Santiago acollerá conversas xunto a @Mondra_gz, @nuriavil2, @mancebota, TodoMal, Leti da Taberna, @rua_prado ou Olaxonmario entre outros. Falaremos sobre relacións, saúde mental, medioambiente, ruralidades, literatura ou tecnoloxía 👩🏫
«Há uma herdança a que todas as filhas e filhos renunciamos periodicamente, por isso temos de o deixar claro na hora de testar.»
Cinco Corujas, Susana Sanches Arins
Facerse as preguntas axeitadas foi fundamental para armar este texto, e iso teño que agradecerllo a Xacobe Fernández do @copgalicia. Grazas tamén a @calveiro, @nuriavil2 e @victordemira por aportar as súas experiencias neste experimento en @prazapublica 😉 https://t.co/yy1R2Gg1Mh
«Houbo outras vidas trans, bisexuais, lesbianas, gays... que habitaron Vigo. Antes de eu estar aquí, existían esas historias. Non se contan, pero existiron»
👉 @nuriavil2 sobre 𝘋𝘦𝘭𝘪𝘯𝘤𝘶𝘦𝘯𝘵𝘦 | ✍️ @XianaFole 📸 Xiana Quintas
📍Na #Luzes130 https://t.co/g40tgDpotV
@DanielSalgadoGa Boas! Non, non está publicado, permanece inédito na escrita. Recítoo nas actuacións e agora está gravado, con base de electrónica experimental de Morlitam, na curtametraxe 🙌.
A poeta, resitadora e performer @nuriavil2 estrea a peza audiovisual 'Delincuente' este luns 24 no marco do Festival Ambienta @AvantePonte de Pontevedra. Un híbrido entre curtametraxe e vídeoclip que ten como base un poema sobre La Maradona
https://t.co/rnm4z4lwUA