GRAZAS ao @CabanasConcello, á librería Xicos e ós amigos e familiares que botaron unha man.
E GRAZAS, sobre todo, á xente de Cabanas e de outros sitios que se achegou a pasar un serán inesquecible con nós.
Vémonos o ano que vén.
Viva a cultura! Viva a Troula da Verba!
Unha vez superada a resaca emocional de onte, queremos agradecer o seu esforzo e dedicación a todas as persoas que fixeron posible a Troula da Verba 2023.
@XoanPe, @feracorrupia, @BarroDesign, @FernanVello, Isma, María, Valeria, Angueira e José Fonte... GRAZAS.
Renderémoslle homenaxe o enorme Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957 - Barcelona, 2008) con dúas persoas que o coñeceron en vida e coñecen ben a súa obra.
José Fonte e @FernanVello manterán unha palestra, dirixida por @_MFilgueiras_, arredor da figura do poeta.
Sempre Ramiro!
🧵Abrimos fío para ir presentándovos a boa xente que vai estar sobre o escenario da Troula da Verba o vindeiro domingo 30.
📢 Desde hoxe e ata o día do evento, todos os seráns ás 20h poderedes coñecer un convidado ou convidada. COMEZAMOS!
Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é deseñador gráfico e ilustrador.
Traballou en deseño editorial, publicidade e proxectando identidades corporativas. Tamén planificou exposicións e museos.
En 2018 publicou "Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza". Benvido, @BarroDesign!
Lembrade que o domingo temos cita dobre! 🎉
🆕 11h - ArteNaTroula. I Encontro de Artesáns na Troula da Verba. Exhibición e venda de artesanía.
📖 19h - Troula da Verba. O evento cultural máis esperado do verán cabanés.
📍 Paseo da Praia da Madalena (Cabanas).
NON O PERDAS!
🙋🏻♀️ A Feira do 21 de Cabanas lévase celebrando 112 anos, o que fai dela un dos mercados máis antigos da comarca. E nós non podíamos faltar!
🔊 Hoxe estaremos ata as 14h funcionando como punto informativo e de venda do merchandising da Troula da Verba no Paseo da Madalena. Pásate!
🗞️📢 EXTRA, EXTRA!
🆕 Presentámosvos o novo proxecto de Troula na Verba, ArteNaTroula. Trátase dunha extensión do evento na que, desta volta, a artesanía é a protagonista.
📍🕚 Achégate a descubrilo o mesmo día e no mesmo lugar, pero en horario de mañá (11h-14h). Agardámosvos!
📻 Para a xente que non puido seguilas en directo, aquí están as nosas intervencións de onte nas ondas.
🏃♀️ Escoita a Lúa Vila en @radiofene.
👉 https://t.co/Jwi9Z2uHcs
🏃 Escoita a @_MFilgueiras_ en @RadioFerrol.
👉 https://t.co/uwIWqIkvpD
📻 Bos e radiofónicos días! Seica a mañá vai estar interesante... os da radio tamén queren Troula!
Lúa Vila estará en @radiofene a partir das 11h e @_MFilgueiras_ visitará a @raulsalgado en @RadioFerrol ás 13:30h para falar do evento!
✍️ A non perder!