O pleno da RAG acordou dedicarlle as #LetrasGalegas2027 a Xosé Neira Vilas. A institución reivindicará o vasto legado que deixou. ‘Memorias dun neno labrego’ é sen dúbida o seu gran símbolo, pero abrangue moitas máis dimensións nas que profundaremos.
📌https://t.co/8GcUMHTOU3
Emotivo club de lectura ao redor de Morgana en Esmelle con cata de viños galegos, ramos de astromelias e o Alalá das Mariñas 🍷🎺💐💗
#letrasgalegas2026#begoñacaamaño
🎦Non busquedes máis. Velaquí a película desta longa fin de semana: 'Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul', o documental das #LetrasGalegas2026.
https://t.co/9rrJ10fkhi
Non existe un lugar no mundo onde fuxir da poesía, e a poesía trae de volta os recordos. Ubasute, Paula Carballeira
#clubdelectura#teatro#bescolaresgal
A RAG dedicaralle as #LetrasGalegas2026 a Begoña Caamaño (1964-2014). O vindeiro 17 de maio celebraremos a narradora que revisitou os mitos desde a ollada feminista e mais a xornalista, nun momento en que urxe reivindicar o xornalismo en galego.
https://t.co/pCLRCzCtTq