Onte fomos cos nenos ao Aquarium da Coruña. Case todos os letreiros e paneis informativos estaban en castelán. E cando aparecía o galego, era para explicar nomes comúns dalgunha especie, xunto co inglés e o francés. Ser galegofalante segue sendo sinónimo de ser cidadán de segunda
Xa era difícil facer un programa da TVG no que ninguén fala galego, pois chega a TVG e supérase. Ao fin si era certo o do plan para eliminar o noso idioma dunha TV que naceu para promover o noso idioma
Onte o @SCBragaOficial ía lucir un incríbel tifo do Reino de Galicia e a policía portuguesa obrigou a retiralo. Que medo teñen de que o pobo volva ser consciente da súa historia.
Somos irmáns de lingua e de terra. Antes de existir Portugal, Braga foi capital do Reino de Galicia!
Teño sospeitas de por que este magnífico logro das pontes do Deza e o país central de Galicia nos séculos IX e X non mereceu máis atención:
1. Non encaixan nin con calzador no relato historiográfico do reino asturiano, etc.
2. Non son igrexas, son pontes. E non mola tanto.
✨⚽ “Tiven adestradores que falaban galego entón normalízalo e dáslle a importancia que ten. Cando creces é algo que vai contigo.” ⚽✨
A futbolista @VeroBoquete tamén FICHA POLO GALEGO! 😛
📝 Comprométete 👉 https://t.co/59O1Y0sKxS
👅 Usa o galego
🔗 Comparte #fichapologalego
➕ℹ️ https://t.co/bD9qWDsD9w
Que SORPRESA!!
O @ppdegalicia prefire calar a Galiza e que a represente Espanha..
Pero nos nom @DiegoCalvoPouso ...
Asinade👇
A Mesa pola
Asina o manifesto para o recoñecemento internacional da nosa cultura
https://t.co/Wc5Gv34Ask
A Revoluçom Galega de 1846 nom acabou o 26 de Abril co bombardeio de Lugo e os fuzilamentos de Carral. As guerrilhas galegas resistírom nos montes e na raia portuguesa durante messes. Velaí na imprensa francesa de Le Mémorial des Pyrénées de 7 de Maio.
Paréceme ben que @NunezFeijoo diga que o accidente ferroviario de adamuz foi o de mais mortos en EspaÑa. Porque reconhece a Galiza como suxeito politico independente e os mortos de Angrois(que él e sua administraciòn taparan)como algo alleo...
Os muíños eran espazo de traballo, lecer, namoramento, conspiración, confidencia, ao tempo que de alimento e ritualidade. Todo mesturado. Este muíño de Paradela (Xende), co seu banco corrido, parece que aínda ten atrapadas nas pedras as vellas cancións que alí se cantaron.
Esta fotografía que fixo o Carlos Pontes no Gerês/Xurés...un lobo buscando acubillo entre a neve🥰
Que fermosura e que sorte poder telo polos nosos montes, un animal que ergue xenreira porque non foi dominado polo home😍