O domingo 31, A Coruña volverá latexar ao ritmo do deportivismo.
Unha cidade, unha paixón, unha soa voz para vivir xuntos unha previa inesquecible.
O Dépor non se explica, séntese!!
Pase o que pase en Valladolid, o próximo partido Riazor ten un plan: vestirse de azul.🔵🔵
Xa podes conseguir a nova camiseta para encher A Coruña de azul contra Las Palmas.
Dispoñible mañá de 20:30 a 22h en Bodegas Dobao.
O DESTINO RECLÁMANOS!
26 anos do día en que a historia nos devolveu o que era noso.
Un equipo humilde situou a Galiza novamente no máis alto. Miles de corazóns latexaron ao mesmo ritmo e A Coruña aprendeu que os grandes soños tamén se conquistan.
Un de nove !
19/05/2000.
Campións para sempre.
A memoria do noso grupo sempre terá un espazo gardado para ti, para o teu recordo e para a denuncia do asasinato policial que acabou coa túa vida.
IÑIGO CABACAS BETI GOGOAN
Na Coruña, non esquecemos os teus ataques, as túas difamacións, a túa intoxicación... Por toda a túa campaña contra o Deportivo, non mereces pisar esta cidade.
Isaac Fouto, fóra de Riazor.
Queremos un equipo que morda no campo desde o primeiro minuto, coa máxima intensidade en cada esforzo.
Nós faremos a nosa parte na bancada. Este domingo, bufandas, bandeiras e, sobre todo, gorxas con moita forza para rebentar Riazor.
DALE DALE DÉPOR!