Intervención de Xosé Pereira no Parlamento galego.
O presidente da ORGACCMM chamou ao consenso na defensa das Comunidades de Montes galegas, pero o Partido Popular votou NON a tramitar e debater a nosa ILP para unha lei que preserve o monte veciñal.
https://t.co/Gn3Q2yu6kK
Os días sábado 23 e domingo 24 de maio de 2026, na Casa da Cultura do concello de Allariz (Ourense), celebrarase o VIII Congreso Galego de comunidades de montes baixo o lema “montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”.
+ Info:
https://t.co/d9mAtD0H3r
Solicitamos ao Ministerio de Administracións públicas e Memoria democrática, e á Delegación do Goberno central en Galiza, a reparación ás comunidades de montes veciñais, porque os seus titulares, a veciñanza comuneira, foron vítimas da ditadura franquista.
https://t.co/VuPjOx1MUw
A Consellería de Medio Ambiente ven de presentar a consulta pública un anteproxecto de lei da administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo fundamental é facilitar que se poidan instalar no territorio galego proxectos industriais.
https://t.co/yS0u5mGiMW
A política forestal do PP queima os nosos montes e as nosas casas
📍Concentracións este xoves 21 de agosto, ás 20:00 horas, nas cidades e comarcas
📢Mobilízate "Por un Monte Galego con Futuro"
#LumesNuncaMáis
Dende a ORGACCMM esiximos a Dirección Xeral de Defensa do monte que faga públicos os lugares onde se iniciaron os lumes na última década, se non quere ser cómplice deste ataque contra os montes veciñais en man común.
https://t.co/FZSDnW8KcU
Xa está en marcha a asemblea xeral das comunidades de montes galegas. Témolo claro, imos defender o monte veciñal da vaga privatizadora que impulsa a Xunta. O monte é da veciñanza non das empresas espoliadoras.
Xunto con organizacións sindicais e ecoloxistas do país presentamos unha declaración conxunta por Unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e das maiorias sociais, para frear a privatización e espolio dos montes veciñais que pretende @Xunta mediante a nova lei
O sábado 22 de Marzo no Centro veciñal e cultural de Valadares en Vigo celebrarase a asemblea xeral da Organización galega de comunidades de montes. Encontro aberto á participación de todas as comunidades de montes galegas.
https://t.co/wOqn4AVsTs
Entidades sindicaise ambientais reunímonos en Compostela para manifestar o noso rexeitamento a este intento da Consellería do Medio rural de eliminar o carácter xermánico dos montes veciñais para proceder a súa privatización ou municipalización.
https://t.co/jbwiCjgS0s
Podedes ver a nosa exposición sobre os valores ecosistémicos dos montes comunais na Estación Marítima de Vigo, ao carón do Nadador.
O monte comunal non se vende, deféndese!
Este xoves 28, ás 20h, estaremos no centro social de Boiro falando do grave impacto de Altri sobre os sectores productivos.
🔥E lembrade que o 15 de Decembro temos que asolagar o Obradoiro con berros de #ALTRINON ‼️
#ManifaObradoiro15D#NonImosCalar
O pasado mercores mantivemos unha reunión co @bngparlamento, representado polos deputados @LuisBaraGz e @MontseValcarcel
Falouse de cuestións relacionadas cos montes veciñais, solicitándolles a presentación de iniciativas parlamentares sobre as mesmas.
https://t.co/2mkbnAula6
Dentro da xeira de reunións cos partidos solicitámoslle ao @PSdeG a presentación nos concellos de mocións para instar a Medio rural a que a nova lei de montes veciñais sirva para reforzar o carácter comunal do monte veciñal e a súa miltifuncionalidade.
https://t.co/WDdCVXAvOf
Convocamos ás forzas políticas a unha reunión para solicitarlles que presenten nos concellos de Galiza unha moción que inste a Medio Rural a que na nova lei de montes veciñais se reforze o seu carácter xermánico e o desenvolvemento dos seus recursos.
https://t.co/GcdPdimLQT