Cando naces vas escollendo camiños, persoas, equipos, etc... Eu escollin vivir nunha eterna penitencia e maldición (ser do @RCCelta) pero aquí seguirei e deste barco xa non me baixa nadie.
Se esto se unde eu vou para o fondo do mar ca celeste posta!!
#SempreCelta#Celta
OKDIARIO celebra esta semana en Marbella sus III Jornadas Jurídicas, con jueces como ponentes. He cruzado los nombres de sus actos desde 2025 con los tribunales que llevan causas que afectan al PSOE. Esto es lo que sale 🧵👇
A raíz de la info de @la_septima_tv
Pues la cloaca de OKDiario en colaboración con el dinero público que riega el PP desde sus comunidades autónomas huele cada vez peor...
Seguro que Feijóo, Tellado e Inda no quieren que esto salg a la luz, así que copia y comparte!
Miguel Maga: “Se eu hoje estou aqui e tenho liberdade de expressão é porque a maior vitória foi há 50 anos, graças às pessoas que lutaram para que hoje eu seja livre.
25 de abril sempre e fascismo nunca mais” ❤️
[COMUNICADO] Fin do camiño europeo do Celta.
O Celta pon fin ao seu camiño na UEFA Europa League tras caer nos cuartos de final ante o SC Freiburg.
Péchase así unha aventura europea marcada pola ilusión, o compromiso inquebrantable de todo o equipo e, sobre todo, pola fermosa comunión cunha afección que sempre estivo ao seu carón.
Volver a Europa xa foi, en si mesmo, un gran logro. Un obxectivo construído durante a pasada tempada grazas ao esforzo dun grupo que nunca deixou de crer. Esta edición da Europa League permitiunos recoller os froitos dese traballo e reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial. Abanca Balaídos volveu brillar como nunca, toda a cidade se envorcou co equipo e o escudo do Celta percorreu cada recuncho do continente.
Hoxe remata esta travesía, pero queda o orgullo por un equipo cargado de talento Feito na Madroa que nos lembrou cada día, en cada partido, que os soños se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos. Eles, xunto co resto dos seus compañeiros que fixeron seus os valores celestes, representaron como se merece este club, dérono todo sobre o céspede e nunca, nunca, estiveron sós.
Porque, se alguén marcou esta aventura europea, fostes vós. En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou milleiros… lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia. Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o plantel o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo. Por todo iso, o Celta quere darvos as grazas, de corazón, porque cada desprazamento, cada xesto de apoio e cada alento foron parte fundamental deste camiño.
Hoxe péchase unha etapa, pero o vivido non remata aquí. Todo o contrario. As bases seguen estando máis fortes ca nunca, cun equipo novo, con talento e con raíces que seguirán medrando na Madroa e que representan o presente e, sobre todo, o futuro deste club. Seguiremos mirando cara adiante orgullosos do construído e convencidos de que estes piares sosterán todo o que está por vir.
Porque as noites europeas volverán. E, cando o fagan, volveremos a vivilas xuntos.
Sempre Celta! 🩵
💤 Dicía o noso 𝗧𝗢𝗧𝗢 𝗕𝗘𝗥𝗜𝗭𝗭𝗢 que as cousas para que sucedan primero hai que soñalas.
🔥 A pola maior 𝗥𝗘𝗠𝗢𝗡𝗧𝗔𝗗𝗔 da nosa historia!
🩵 𝗡𝗢𝗦 𝗖𝗥𝗘𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗡𝗢 𝗖𝗘𝗟𝗧𝗔!
🎥 @mapoelcra en 𝗧𝗜𝗞𝗧𝗢𝗞.
Hace dos años, un señor desconocido llegó al fútbol profesional para salvar al Celta de bajar a Segunda División.
Dos años.
Hoy, Claudio Giráldez ha metido al Celta en cuartos de la Europa League dominando al Olympique de Lyon y tiene al equipo sexto en Liga.
GOAT