O Fortuna está a tres partidos de levar A Madroa máis alto que nunca na súa historia. O primeiro este domingo en Balaídos ás 16.15 ante o Europa. Vale cualquera cousa que non sexa perder. Socios e carnés celtistas entran gratis. Os que gustades dun clube de canteira, non faltedes
O sábado estaremos na Festa Fin de Tempada en Balaídos. Compartimos o posto 8 cos amigos de @ArribadaCeleste . Esperámosvos para tomar algo e disfrutar de outra festa celtista !!!
#VoltarAEuropa#SempreCelta
Hoxe a nova é a renovación de @aspas10 , non nos falendes de Zapatero, nin de Trump nin de farrapos de gaitas … Hoxe só UNHA MÁIS !!
#SempreIago#SempreCelta
𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗠𝗔́𝗜𝗦 👑 O fútbol non perde a unha lenda: @aspas10 renova co Celta.
A falta dun partido para pechar a tempada, chega a noticia que todo o celtismo esperaba, que emociona a todos por igual. A que une xeracións. A que confirma que algunhas historias nunca terán final.
Iago Aspas renova a súa vinculación co club da súa vida. Faino como debe facelo unha lenda, con presente e futuro. 𝐀𝐬𝐢𝐧𝐚 𝐚𝐭𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟗 e seguirá defendendo o escudo celeste 𝐧𝐨 𝐜𝐞́𝐬𝐩𝐞𝐝𝐞 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 (“unha máis”). E no momento en que dea un paso fóra do terreo de xogo, farao á vez cara dentro do club. Unirase á súa estrutura para continuar aportando. O Iago Aspas de sempre, un novo Iago Aspas.
Porque aquel neno de Moaña que soñou con marcar un gol bonito co Celta dos maiores acabou converténdose na alma de toda unha afección. No canteirán que transformou o imposible en rutina, o que nunca deixou de crer e o que fixo que toda unha xeración medrase sentindo orgullo de ser do Celta.
Con el chegaron noites inesquecibles, goles que xa forman parte da memoria colectiva do celtismo. Chegaron récords, partidos históricos e unha maneira única de entender este escudo. Máximo goleador histórico do club, futbolista con máis partidos na historia coa camiseta celeste e símbolo absoluto dunha afección que se recoñece no seu carácter e nas súas raíces.
Non é que Iago Aspas sexa o mellor xogador da historia do Celta. É que Iago Aspas é o Celta. Un xogador que marcou unha época, que construíu unha identidade.
E agora, co Celta de novo rumbo a Europa. Vinte e tres anos despois daquela segunda clasificación continental consecutiva, cun equipo feito na casa, con talento feito na Madroa e co orgullo de Galicia por bandeira, Iago Aspas seguirá marcando o camiño e representando mellor ca ninguén o que significa defender este escudo.
Porque a historia de Iago Aspas e o Celta continúa.
Agora e sempre.
Parabéns, capitán!
El pasado jueves la perdí en marcador bajo, la dejé en un asiento antes de empezar el partido junto la sudadera y cuando fui a por ella para el himno solo estaba la sudadera
Dudo que aprezca pero por intentarlo...
Se agradece RT
🚨 𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢❗ En Deleite perdimos a cabeza e regalamos 💯 vaquiñas A2A2! En versión peluche, iso si 😉🐄
Queremos repartir un centenar de Deleitiñas entre a mellor comunidade do mundo, a #XenteDeleite. Preparados para adoptar unha? 🐮
Participa cun RT e seguíndonos! ✨
Celtismo, folla de ruta a seguir 👇
🔹 Colga a bandeira do Celta na túa casa.
🔹 Recibe ao equipo este xoves a partir das 17:00 na rúa Pablo Iglesias - @FdPcelta
🔹 TODOS de celeste nas bancadas - @SCV1923
A remontada inicia co voso alento! XUNTOS marcamos o primeiro gol.