Hoxe tivemos obradoiro en familia con David Pazos, dentro do programa Biblioteca Creativa. Coas familias elaboraremos un Lip dub, no que reivindicaremos a importancia do rural. #bescolaresgalabertas#BibliotecaCreativa#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o VII Obradoiro da Escola de nais e pais co equipo de biblioteca escolar. Nel fedellamos con diferentes recursos da biblioteca creativa do noso centro. Que ben o pasamos e canto creamos! #bescolaresgalabertas#BibliotecaCreativa#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos 2 obradoiros con @almadearke de @espacioarkhe. Experimentamos, creamos e xogamos co rostro.Unha tarde estupenda en compañía de todas as familias.Grazas pola vosa implicación e grazas Alma por vir ao noso cole!#bescolaresgalabertas#BibliotecaCreativa#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o VI Obradoiro da escola de nais e pais con Cris sobre emocións na infancia. Aprendemos a identificalas e a xestionalas, unha cousa ben complexa! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o V Obradoiro da Escola de nais e pais: Paisaxes de luz. Habitamos un novo espazo grazas a nosa imaxinación con Carlota e Tati. #Bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o IV Obradoiro da Escola de nais e pais. Aprendemos a realizar as maniobras do soporte vital, a manexar o DESA e a intervir correctamente nas emerxencias sanitarias do día a día. Grazas Tania! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos a xuntanza do IV Club de lectura de familias e profesorado. Reflexionamos, debatemos e compartimos gran cantidade de ideas, valores e moitas emocións. Grazas por facer grande esta comunidade lectora! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe fixemos o último obradoiro do ano de animación á lectura con Patricia Castrillón dentro do Plan de Lectura e familias. Mesturamos contos, música e tradición contruíndo as nosas propias pandeiretas. Dende logo as narrativas teñen ritmo! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o III Obradoiro da Escola de nais e pais. Descubrimos diferentes propostas para combater o sedentarismo e rematamos cunha sesión de ioga e meditación #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Iniciamos o Préstamo de familias na sede do CRA. Elas son as verdadeiras protagonistas e agradecemos ás 7 familias voluntarias a xestión da mesma. Boas lecturas! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Onte tivemos o II Obradoiro da Escola de nais e pais. A proposta de xogos gustou moito ás familias participantes. Que pracer compartir experiencias con vós!! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE#ENAPAS
Xa fixemos entrega da novela “Una familia normal” para o club de lectura de familias e profesorado. Agradecemos a Bufolector, a biblioteca do CEIP Sofía Casanova de Culleredo, o préstamo da maioría dos fondos. Grazas por facer comunidade! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe iniciamos o PRÉSTAMO DE ADULTOS. As 34 familias participantes recibirán ata o mes de xuño os fondos elixidos no formulario de inicio de curso. Boas lecturas, familias! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Grazas ás familias pola gran acollida das 4 propostas de participación na nosa Biblioteca: préstamos en familia, préstamo de adultos, club de lectura e obradoiros da Escola de nais de pais. #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
Hoxe tivemos o derradeiro Obradoiro da Escola de nais de pais. Dúas familias da escola de A Choeira fixéronnos reflexionar sobre alimentación saudable e rematamos cun moi bo sabor de boca, grazas a unha degustación de recetas saudables e AOVE #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE
O vindeiro 16 de maio celebraremos a nosa Romaría, produto final do noso PDI D’Xastres. Contaremos coa colaboración especial de Diego Valeiras. Será un día máxico! #bescolaresgalabertas
Ao longo de dúas tardes Ana, avoa dun alumno do CRA de Culleredo, ensinounos a realizar un precioso boneco de feltro. Recortar, coser, crear… pero sobre todo compartir momentos coas familias! Grazas Ana! #bescolaresgalabertas#FamiliasnaBE#BibliotecaCreativa