Nunca antes visitaramos un antigo campo de concentración. Decidimos ir sen saber que veríamos e que nos faría sentir.
Neste caso a experiencia foi arrepiante, interesante e positiva á vez. Ao Memorial de Mauthausen non lle sobra nin lle falta nada.
https://t.co/1ef0CPGUMM
Percorrimos centos de km por estrada de montaña para ver lagoas, unha cova de xeo, Salzsburgo e outras vilas e aldeas.
O escudo de armas do arcebispo de Salzsburgo ten un nabo como emblema.
https://t.co/BZoWmV7U3K
Gustei moito dos Alpes de Austria. Foron unhas camiñatas esixentes pero que ofrecen unhas paisaxes sobrecolledoras, belas e violentas, coa sensación de que queda moita montaña á que non vas chegar nunca.
Iso si, pouca flora e fauna ausente 🐮 🤷.
https://t.co/5rfpF4SGl2
Durante 3 semanas de agosto percorremos en coche media Europa ata chegar aos Alpes Austríacos. Na primeira etapa paseamos por Alsacia (Francia)
https://t.co/f4gUi7Mt6D
Cando era neno chamábame moitísimo a atención que os exipcios tiveran un deus con cabeza de chacal e corpo de home.
Anubis é un deus central na relixión exipcia, converténdose no deus embalsamador tras unir os anacos do cadáver de Osiris.
https://t.co/Bu2iVnPeUu
O deus Amón, o carneiro, converteuse no deus principal cando Tebas pasou a ser a capital de Exipto. Os sacerdotes de Amón alcanzaron tal poder que socavaron a autoridade dos Faraóns levando ao reino a unha decadencia só paliada por Alexandro Magno
https://t.co/NtGXBRQAv0
Levo décadas escoitando falar sobre o Val dos Reis en Luxor, onde se descubriu a tumba de Tutankhamon, sen que espertase en min a curiosidade de saber que era iso. Que saibades que é verdade que esa non é, nin de lonxe, a tumba máis espectacular.
https://t.co/4PNTK9fQwf
O templo de Dendera foi para min o mais bonito dos que vin en Exipto. Enormes salas de columnas que sosteñen teitos decorados con relevos policromados. En particular aqueles co percorrido do Sol polo inframundo durante a noite, coas constelacións exipcias.
https://t.co/1gS12qgsiE
Os templos do Alto Nilo:
Ademais das pirámides, os faraóns tamén mandaron construír templos para o culto dos deuses e da súa propia figura.
Algúns deles, con máis de 3000 anos de antigüidade, chegaron ata hoxe nun estado de conservación magnífico.
https://t.co/s4exvviwf7
As pirámides de Exipto son tumbas construídas polos faraóns nun período histórico moi antigo, e só se conservan 6 pirámides monumentais en bó estado.
https://t.co/LafiToVyYf
Pódese describir Exipto como un deserto partido por unha gran canle de rego, o Nilo.
O inmenso deserto protexeu ao Reino Exipcio das invasións estranxeiras durante milenios
https://t.co/8wjiYkiYLX
O trono de Tutankhamon, tamén de madeira, ouro prata e incrustacións de pedras, é unha obra de arte exquisita.
No respaldo hai unha escea do rei relaxado sendo acicalado pola raiña. Isto só apareceu na arte exipcia durante a período monoteísta de Akenatón, pai de Tutankhamon.
É probable que o enxoval da tumba de Tutankhamon sexa o máis fantástico tesouro atopado nunca.
O sarcófago da momia, de 110 kg de ouro macizo, é unha peza que sobrecolle, pola beleza e pola inmensa historia que ten tras de sí.
Como non se poden sacar fotos, póñovos "as sobras":
O santuario canopo contiña 4 vasos canopos, que á sua vez contiñan pequenos sarcófagos cos órganos internos momificados do faraón.
Feito de madeira e cuberto de ouro, ten 4 deusas que protexen o seu contido, de grande importancia no rito funerario faraónico.
Giza é un complexo funerario no que tamén hai 7 pirámides pequenas, restos dos templos anexos ás piramides, outras tumbas de faraóns e da corte, un barco enteiro que estaba enterrado ao lado da gran pirámide ... E a esfinxe de Khafre, belísima a pesares do paso do tempo.
As pirámides de Giza estaban alí antes que case todo, e son a derradeira marabilla da antigüidade que aínda persiste.
Estamos nós mais cerca de César e Cleopatra do que estes estaban de Khufu, Khafre e Menkaure, os tres reis que mandaron levantar estas tumbas.
As cámaras funerarias contiñan o sarcófago do faraón e o enxoval funerario. Case todas as tumbas foron asaltadas no tempo dos exipcios e hoxe están vacías.
A do faraón Unas estaba decorada con inscricións xeroglíficas de conxuros e estratexias para chegar ao máis Alá.
Deixamos atrás o deserto e viñemos ao Cairo a ver pirámides. Comezamos polas mais antigas, nos complexos de Saqqara e Dahshur: a piramide escalonada de Zoser, a de Userkaf, que semella unha pila de escombros, e as dúas pirámides de Seneferu, a vermella e a acodada
No interior das pirámides está a cámara funeraria do faraón ou da raiña. Para chegar ata ela hai como mínimo un pasadizo descendente e un corredor, ambos de escasa altura, que supón camiñar as agachadas decenas de metros. Este esquema vaise complicando no tempo.